O vindeiro sábado día 12 de decembro, Compromiso por Galicia organiza unha mesa redonda baixo o título “Constitución española: continuismo, reforma ou ruptura?”
O acto será moderado polo Secretario xeral da formación, Xoán Bascuas e contará coa participación de Roberto Blanco Valdés, Antonio Carlos Pereira Menaut, Cristina Ares, Pablo González Mariñas e Xoán Antón Pérez Lema, personalidades de prestixio académico e profesional, que teñen tratada esta temática dende distintas ópticas.
O obxectivo deste acto é dar a coñecer distintas perspectivas ao respecto da reforma constitucional, centrándose principalmente na cuestión territorial do Estado e o papel de Galicia como nación, dun xeito máis particular.
A participación plural e diversa dos intervintes ven a reforzar a natureza aberta de Compromiso, tal e como sempre foi o galeguismo, que entende que para forxar un discurso propio é necesario poder dispoñer de todas as perspectivas.
O acto que será aberto, celebrarase no Hotel Santiago Apóstol, na cidade de Santiago de Compostela e dará comezo ás 12:00 horas.