00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá.

fotos @xalomonte  |  29 de diciembre de 2015 (21:53 h.)
temporal

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), desde primeiras horas desta madrugada espéranse ventos do sur e suroeste, de forza 8, e mar combinada no oeste e noroeste da provincia da Coruña. As ondas oscilarán entre os 5 e 6 metros de altura. 

Pola súa banda, en torno ás 6.00 horas haberá intervalos de ventos do sur e forza 8 e mar combinada do oeste-suroeste, con ondas de 5 e 6 metros na zona suroeste da Coruña e no litoral da provincia de Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Hemeroteca