00:06 h. viernes, 19 de abril de 2024

Xoán Bascuas: “Unha candidatura é unha marea, dúas son unha morea”

Stadio Sport  |  29 de septiembre de 2015 (16:53 h.)

Compromiso decidirá a súa posición a respecto das vindeiras eleccións xerais nunha Convención

 

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, vén de indicar, a respecto da posible configuración dunha candidatura "ampla e plural" paras as vindeiras Eleccións Xerais que, "non hai tempo que perder, cómpre sentar todos os actores, pechar un acordo, configurar unha metodoloxía e, sobre todo, propostas políticas entre todos e todas para comezar a falar do que lle importa a xente, o que imos facer con este Grupo Parlamentario Galego, como imos resolver os seus problemas, que imos propor para intentar mudar a arquitectura institucional do Estado, que imos facer para defender e potenciar o noso País, en que eixos imos traballar para darlle un futuro de benestar ao conxunto da cidadanía galega". Para o líder galeguista, "é contraproducente andar a mirar sempre para un mesmo" e apurar os prazos legais ao máximo, "xa que así temos menos tempo para socializar o noso programa".

Para Xoán Bascuas, "a nosa proposta sempre foi clara, nítida e transparente, e así o dixemos en todas as nosas intervencións públicas e non é outra que a aprobada polo noso Consello Político Nacional: cidadanía liderando, partidos apoiando, dende a xente de BNG ata a xente de Podemos, sen exclusión de ningún tipo co obxectivo de propiciar un cambio político, institucional, social e económico no Estado", ao que engade o galeguista, "cunha ferramenta como o grupo parlamentario nacional galego, como expresión simbólica e funcional dun suxeito político como é Galicia". 

Para Bascuas "neste contexto das eleccións xerais, é un clamor de moita parte da cidadanía esta candidatura unitaria", e engade que, "unha candidatura é unha marea, dúas serán unha morea". Así, Bascuas lembrou que a candidatura expresada nestes termos, "é a día de hoxe a única contemplada polo noso máximo órgano de decisión" que, non obstante, terá que ser aprobada por unha Convención Nacional, ou outras propostas que se presenten, que precisarán un mínimo de 15 avais.

Hemeroteca