01:55 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Tereixa Paz cualifica de “gran calote” para os gandeir@s galegos o Acordo lácteo

A parlamentaria criticou a falta de compromiso, por parte da directora xeral de Industrias alimentarias, Patricia Ulloa para garantir os prezos de produción, que se cumpran os contratos e que as distribuidoras non banalicen o leite

Stadio Sport  |  10 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta ao Goberno, na comisión de Agricultura sobre as medidas para facer fronte a grave crise do sector lácteo en Galiza.

Na súa intervención, a nacionalista cualificou de “gran calote” o acordo lácteo do que dixo, foi rexeitado polas diferentes asociacións agrarias e gran número de gandeiros e gandeiras porque non garante os custes da produción do leite en Galiza e non aporta medidas concretas para resolver a grave crise do sector.

 

O goberno da Xunta un mero espectador

Sempre que a oposición formula algún tipo reparo ou previsión sobre as decisións que vostedes toman son criticadas e cualificadas de “ augurios catastrofistas”. A deputada lembrou que hai un ano xa sabiamos que o paquete lácteo sería un desastre e cumpríronse os peores augurios, e agora co Acordo lácteo, se non se rectifica, volverán a cumprirse.

A parlamentaria respondeu á directora de Industrias agroalimentarias, Patricia Ulloa que a axuda de 300 euros por vaca ata un máximo de 10.000 euros por explotación, “subvenciona catro céntimos de 30 vacas” pero das trinta para riba “non subvenciona nada” e para todos e todas aquel@s que produciron por debaixo dos 24 céntimos “seguen sen garantirse os custes medios por producir leite no noso país”.

Ademais, recalcou que ningún gandeiro ou gandeira participou nunha mobilización para reclamar unha subvención, “mobilizáronse para acadar prezos xustos por producir leite”, afirmou.

 

Os gandeir@s galegos discriminados no Acordo do leite

Tereixa Paz salientou que os gandeiros en Andalucía son os grandes beneficiarios das axudas do Acordo Lácteo e lembrou que segundo as palabras da propia ex-conselleira Rosa Quintana había que pagarlles máis por que tiñan máis problemas par producir, (7 céntimos máis), a deputada suxeriu entón que seguindo a doutrina do PP esas explotacións se non son eficientes habería de pechalas.

Para a deputada, a mensaxe da intervención de Ulloa que deben recibir os gandeiros e gandeiras é “ que isto non vai coa Xunta de Galiza e que se busquen a vida”, porque o Goberno galego, reiterou Tereixa Paz, “non vai facer nada para garantir os prezos, nin para que se cumpran os contratos nin para que a distribución non banalice o leite”, concluíu.