15:08 h. Viernes, 24 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Tellado pon en valor a importancia da estabilidade que salientou Feijóo no seu discurso de Fin de Ano

Sinala que chegou o momento de empezar a aplicar medidas que melloran a situación dos galegos que tanto fixeron por volver á senda do crecemento que Galicia recuperou

Stadio Sport  |  01 de Enero de 2016 (23:13 h.)
Más acciones:

 

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor a importancia da estabilidade do país á que se referiu o presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, no seu discurso de Fin de Ano.

Na mesma liña que o líder do Partido Popular de Galicia, Tellado recordou que grazas á estabilidade que proporcionou a responsable xestión do Goberno dos populares agora hai seguridade tanto para os que aquí vivimos como para os que deciden investir no noso país.

O voceiro tamén quixo destacar o compromiso que amosou o presidente do PPdeG ao non esquecerse no seu discurso daquelas persoas que aínda sofren dificultades.  “Non é xusto xogar coas esperanzas da xente nin facerlles crer aos cidadáns que os problemas se pode arranxar por arte de maxia, como dan a entender outros partidos con enganos que só levan á frustración”, indicou.

Pola contra, o portavoz sinalou que o Goberno do PP si foi quen de acadar que, neste 2016 que comeza mañá, entren en vigor os primeiros orzamentos autonómicos expansivos “que responden a un contexto de recuperación económica como o que hoxe vivimos e que serán unha peza fundamental para que a recuperación chegue a todos”.

Así, Tellado afirmou que non mudaron as prioridades senón a capacidade orzamentaria e que “agora chegou o momento de empezar a aplicar medidas que melloren a situación deses galegos que tanto fixeron por volver á senda do crecemento que Galicia recuperou”.

Segundo as súas palabras, grazas a este aumento nos orzamentos, o Goberno ten a posibilidade de apoiar máis ás familias, aprobando medidas como a redución do IRPF ou a supresión do Imposto de sucesións e doazóns para o 99% dos galegos, co que Galicia pasa de ser a sexta Comunidade co tributo por herdanza máis caro ao máis baixo para este 2016. Ademais, lembrou a aprobación da tarxeta benvida para os nenos que nazan en Galicia, cun apoio ás nais e pais como non o hai noutros lugares de España; a ampliación do bono-gardería; e a creación dun bono-coidador para o rural.

Nese senso, o portavoz manifestou que a elección dunha escola infantil galega foi unha gran acerto como escenario escollido polo presidente para transmitir a súa mensaxe pois, coincidindo co mandatario, dixo que queren que Galicia sexa un bo lugar para vivir pero tamén para nacer.

Por último, Tellado fixo referencia ao pluralismo político do que falou o presidente no seu discurso, celebrando e subliñando as palabras de Feijóo que aseguraban que non se debe tomar como unha ameaza senón como unha oportunidade para acadar un maior entendemento entre todos. “Os populares non estamos en contra da pluralidade política e respectamos sempre as decisión dos cidadáns en cada cita electoral xa que o noso obxectivo é axudar a crear un marco de convivencia no que todos os españois poidamos seguir avanzando”, sentenciou.