00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Tellado pon en valor que Galicia se sitúe a niveis de paro inferiores aos de hai cinco anos

Stadio Sport  |  03 de noviembre de 2015 (19:39 h.)

Hoxe Galicia ten 21.952 desempregados menos que en outubro de 2014, o que supón un descenso das persoas sen emprego dun 9,00%

 

O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor que Galicia se sitúe a niveis de desemprego inferiores aos que se rexistraban hai cinco anos “o que amosa unha evolución interanual que continúa sendo positiva e que hoxe hai menos inscritos nas oficinas de desemprego dos que había no ano 2010”, sinalou.

Tras coñecerse esta mañá os datos do paro do mes de outubro, Tellado apuntou que para a nosa Comunidade é a segunda maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica e a cuarta en termos relativos, o que supón dous anos de baixadas consecutivas interanuais.

Deste xeito, hoxe Galicia ten 21.952 desempregados menos que en outubro de 2014, o que se traduce un descenso das persoas sen emprego dun 9,00%.

En total, o pasado mes rexistráronse en Galicia 222.092 persoas desempregadas, producíndose así un aumento do 2,95% respecto a setembro. Con respecto a estas cifras, o portavoz dos populares galegos recordou que outubro é un mes onde se adoitan producir ascensos do paro, sendo neste caso o terceiro menor desde o ano 2007.

“Para o PPdeG non é unha boa nova que haxa un aumento do paro con respecto ao mes anterior pero, lonxe de desanimarnos, seguiremos traballando para que as subas sexan unha excepción e se confirme a tendencia á redución do desemprego”, apuntou Tellado.

Segundo Tellado, os populares seguiranse esforzando para conseguir que as cifras continúen reducíndose e que, deste xeito, “a recuperación económica chegue a todos os galegos”.

Con respecto á media do Estado, o voceiro tamén sinalou que Galicia presenta un comportamento mellor en termos interanuais, xa que baixa o paro en 1,26 puntos máis que no resto do territorio nacional, mentres, en termos intermensuais, o desemprego sube case un punto máis que en España.

Hemeroteca