00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O porto da Pobra do Caramiñal recibe da UE o certificado EMAS categoría bronce polo seu compromiso co medio ambiente

Stadio Sport  |  28 de septiembre de 2015 (03:15 h.)

O sistema comunitario de xestión e auditoría medioambiental (EMAS) ten como obxectivo o mantemento e mellora continua do comportamento ambiental, neste caso nos portos

 

Para celebrar o 20 aniversario do inicio de rexistros no sistema de xestión ambiental (EMAS), a Comisión Europea decidiu recoñecer polo seu compromiso medioambiental ás organizacións que levan rexistradas máis de cinco anos. Entre os galardoados está o porto da Pobra do Caramiñal, pertencente a Portos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, que foi recoñecido co certificado de Bronce por levar rexistrado neste sistema oito anos e grazas á colaboración dos usuarios do porto, tanto do sector profesional como da náutica de recreo.

España é un dos países con máis organizacións e centros adheridos ao sistema EMAS, que ten como obxectivo o mantemento e mellora continua do comportamento ambiental, neste caso nos portos.

Dende o ano 2004 Portos de Galicia traballa para demostrar como a implantación dun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambiental (EMAS) pode mellorar o medio ambiente nun porto pesqueiro, comercial ou deportivo. Naquel momento decidiuse que o plan se establecería con carácter pioneiro no porto da Pobra do Caramiñal, comezando por unha análise das condicións iniciais medioambientais das instalacións portuarias.

Hemeroteca