00:14 h. martes, 19 de marzo de 2024

"É necesario traballar máis para situar a Galicia entre as comunidades que se están a recuperar máis axiña" vocera de Cidadáns Galicia

Stadio Sport  |  02 de enero de 2016 (01:15 h.)

Olga Louzao fai unha valoración da mensaxe do presidente da Xunta de Galicia

 

A voceira de Cidadáns Galicia fai unha valoración da mensaxe do Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, o cal comezou o seu discurso facendo referencia á xente, aos galegos e galegas e a súa relación cotiá con eles. "Non parece que a Galicia que él describe sexa a mesma na que estamos a vivir os demais. Apenas fixo referencia aos problemas que para moitos de nós son os realmente preocupantes: á sangría do talento que fuxe do noso país para acadar unha mellora das súas condicións laborais e económicas fóra da súa casa, ao paro, á situación de tantos ganaderos e pescadores, ao despoboamento do noso campo, a aqueles para os cales ese fogar do que tanto falou ao longo da súa mensaxe está deixando de selo: aos que viven nas rúas, ás víctimas da violencia machista, aos cada vaz mais maiores que viven en condicións precarias, ás familias que teñen que elexir este inverno se comen ou pagan a luz e o gas, aos dependentes, que seguen a precisar dos demais e tamén das administracións" valorou Olga Louzao, voceira de Cidadáns Galicia.

A voceira de Cidadáns engadiu "Compartimos con el o noso orgullo por Galicia, por esta terra acolledora, plural, emprendedora; pero non é suficiente con estar orgullosos; é necesario traballar máis para situala entre as comunidades que se están a recuperar máis axiña, que crean unha sociedade mellor e más xusta".

Dende Cidadáns defendemos o diálogo, o entendemento e os pactos, "en indudable referencia ao escenario xerado polas derradeiras eleccións xerais. Pero queremos lembrarlle que esta defensa hai que facela dende o exemplo e iniciándoa na casa: negociando orzamentos, buscando consenso en leis e en políticas" explicou Olga Louzao.

"Todos desexamos un feliz 2016 para Galicia e para os galegos, pero é nosa responsabilidade traballar xuntos para que así sexa. Pero, eso sí, partindo dunha análise realista e coñecedora da realidade actual e non da onírica estampa navideña que o Presidente da Xunta parecía estar a describir", engadiu a voceira de Cidadáns Galicia

Cidadáns Galicia estáse a preparar para poder contribuir "nos vindeiros anos a acadar unha Galicia máis viva, máis moderna e con máis oportunidades para tódolos galegos e galegas" concluiu Olga Louzao.

Hemeroteca