01:55 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Nava Castro destaca que Termatalia converteuse nun auténtico referente internacional do turismo de saúde

A directora de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Ourense participaron esta mañá na inauguración oficial de Termatalia. Nava Castro explicou que esta nova edición constátase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico

Stadio Sport  |  25 de Septiembre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participaron este xoves na inauguración oficial de Termatalia, a única feira especializada no sector termal considerada Feria Comercial Internacional en España.

Durante a inauguración de Termatalia a directora de Turismo de Galicia destacou que a dita feira converteuse nun auténtico referente internacional do Turismo de Saúde.

Nava Castro explicou que esta nova edición número 15 volve aos seus orixes tralo éxito colectado en América Latina coas edición anteriores celebradas en Perú e Arxentina. “Termatalia constátase como a feira de Turismo Termal máis importante a un lado e ao outro do océano Atlántico”, sinalou.

A responsable de Turismo da Xunta deu a benvida ás autoridades, aos representantes dos países así como aos integrantes dos case 300 expositores dos cerca de 40 países que participan neste nova edición da feira.

Así mesmo, Nava Castro aproveitou a ocasión para felicitar aos organizadores desta feira por “conseguir novamente que Termatalia se converta no ponte de conexión do termalismo en Europa e América Latina”

A directora de Turismo de Galicia invitou a todos os presentes a coñecer Galicia e todos os seus atractivos termais, destacando que a nosa comunidade é unha das rexións xeotérmicas máis importantes de Europa e ofrece experiencias turísticas singulares a través do termalismo.

 

X Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participaron tamén na sesión de apertura do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que celebra a súa décima edición convertido nun dos foros sobre turismo de saúde máis importantes do mundo.

Neste encontro presentaranse as últimas investigacións científicas e os proxectos máis innovadores no desenvolvemento do termalismo a nivel mundial.

Esta edición conta coa participación de máis de 50 expertos procedentes dunha quincena de países de Europa e América Latina principalmente.

Durante a sesión de apertura, a directora de Turismo de Galicia destacou a formación relacionada co termalismo é un dos eslavóns principais á hora de desenvolver este recurso endóxeno. Neste senso, afirmou que para Turismo de Galicia tanto este encontro como a Cátedra de Hidroloxía Médica ou o Master relacionado co Turismo de Saúde son elementos imprescindibles no fomento e promoción do termalismo na nosa comunidade.

Nava Castro sinalou que, “conscientes da importancia da formación”, o coñecemento termal integra unha das liñas estratéxicas do Plan Termal, un plan que, segundo explicou, ten por obxecto fortalecer o sector turístico termal da provincia de Ourense e a consolidación e posicionamento de Galicia como destino termal global.