01:57 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Intervención do portavoz de Nós-Galeguistas na asamblea aberta de iniciativa pola unión

Stadio Sport  |  27 de Septiembre de 2015 (18:30 h.)
Más acciones:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Participamos individualmente no 25 de Xullo unitario e o mesmo fixemos en Conxo; a partires de ahí creamos NÓS-GALEGUISTAS e organizámonos como movemento social independente de filosofía Pangaleguista, co obxectivo de aportar o noso grao de area na defensa dos lexítimos intereses da Galicia e das prácticas políticas de unidade e concordia que permitan, de forma eficaz e sostible, dar respostas -sociais, económicas e institucionais- interclasistas e realmente correctoras da realidade que agora mesmo nos toca vivir.

Estamos convencidos da urxente necesidade de reactivar a énfase nacional e a autoestima a través dun novo REXURDIMENTO que xunte, sen protagonismos e mediante sumas multiplicadoras, esforzos e vontades en crear costumes públicos e institucionais que coincidan coas necesidades da nosa Terra, fomentar intereses de carácter nacional, abrir as fontes naturais da nosa riqueza e recuperar e administrar o noso patrimonio material e inmaterial, espertando o poderoso sentimento nacional e encamiñando á un só fin común todos os talentos e todos os esforzos da cidadanía e axentes políticos e sociais que decidan comprometerse na tarefa de facer verdadeiramente Galego o noso futuro, autogobernarnos  e ser donos do porvir.

Sentímonos en irmandade con todos vos, con esta Iniciativa pola Unión que entendemos aberta, plural, constructiva e garante de marcos idóneos para a exposición e intercambio de ideas que teñan como obxectivo a creación de sinerxias eficaces de unidade operativa, tanto no que respecta ás próximas eleccións xerais como en proxeccións a medio e longo prazo que aporten solucións políticas interclasistas á realidade Galega.

A nosa lectura social de Galicia é a dun País imposible de entender, concebir e gobernar, sen recoñecer o peso político e económico dos centos de milleiros de pequenos e medianos propietarios e empresarios -tanto rurais como urbáns-, de autónomos e autónomas, comerciantes e emprendedores en xeral que, en conxunto, representan una parte importantísima no PIB Galego e constitúen, ainda diversificados ou dispersos, unha expresión social, económica e política que precisa atopar doado acougo, e aínda diríamos que lexítimo respecto, dentro dos discursos de "unidade popular".

Estamos aquí para defender esta necesaria concepción da unidade como un FEITO POLÍTICO INTERCLASISTA, que teña por obxectivo unificar nun mesmo movemento a prol de Galicia a traballadores por conta allea e os que o son por conta propia, a pequenos empresarios, comerciantes, profesionais liberáis e un longo etc., como paso imprescindible para elevar o teito electoral actual.

Nestes últimos meses espertaronse esperanzas que coidamos que ninguén de nós quere que morran ou se frustren por non ter a intelixencia política, e a valentía, de afrontar que o éxito non vai estar na loita por atraer unha parte do electorado que xa temos, a todas luces insuficiente, senón que necesitamos convocar empatías electorais nos votantes que, ainda sentíndose tanto ou maís Galeg@s que @s que optamos por apoiar forzas nacionais Galegas, acaban votando a partidos de ámbito estatal ó considerarse excluídos.

O éxito, para NÓS-GALEGUISTAS , está na medida de que todos nós sexamos capaces de entender que a definición do movemento, o seu programa e calquera outro aspecto relacionado, necesita trasmitir a cidadanía e a sociedade en xeral unha crara mensaxe de interclasismo sociopolítico.

Ou é así, ou moitos dos que queren estar e comprometerse optarán por terceiras vías que limitarán fondamente a capacidade de ampliar o teito electoral que, ate o de agora, nunca foi o axeitado para defender con éxito os intereses nacionais da Galicia.

Saúde e Terra, irmáns.