01:57 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O Grupo Popular avoga pola liberdade do proxectista ou arquitecto no deseño de edificios e rexeita a imposición dos chamados tellados verdes

O portavoz de Vivenda, Jaime Castiñeira, lembrou que o Código Técnico de Edificación establece as esixencias mínimas de eficiencia enerxética que deben reunir os edificios. Castiñeira demandou deixar aos axentes que interveñen na edificación para procurar a solución máis eficiente segundo as circunstancias específicas

Stadio Sport  |  04 de Noviembre de 2015 (18:01 h.)
Más acciones:

 

O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, avogou este mércores no Parlamento pola “liberdade do proxectista e o arquitecto á hora de deseñar os edificios e non pola imposición dos chamados tellados verdes sen ter en conta as posibilidades que ofrece a evolución tecnolóxica e as circunstancias específicas de cada lugar”.

Castiñeira lembrou que o Código Técnico de Edificación, aprobado polo Real Decreto 314/2006, establece as esixencias básicas de aforro enerxético a través de obxectivos, límites, metodoloxías ou especificacións, pero non a través de imposicións ríxidas, como serían os tellados verdes.

 

CONSUMO ENERXÍA NULO EN 2020

Deste xeito, o portavoz popular sinalou que se estaría “coartando a necesaria liberdade dos axentes que interveñen na edificación para procurar a solución máis eficiente segundo as circunstancias específicas e acadando os obxectivos previstos no Código Técnico de Edificación”.

Jaime Castiñeira apuntou, ademais, que o Real Decreto 235/2013  incorpora a directiva europea que esixe que os edificios que se constrúan a partir do 31 de decembro de 2020 sexan de consumo de enerxía case nulo. No caso de edificios públicos, este prazo adiántase dous anos.