01:21 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Stadio Sport

O gasto dos turistas internacionais que visitaron Galicia en agosto acada un máximo histórico ao superar os 153 millóns de euros

O gasto total do turismo internacional rexistrado na comunidade galega no mes de agosto medrou un 14,7% en relación ao mesmo mes do ano anterior. Os turistas internacionais que chegaron a nosa comunidade nos oito primeiros meses do ano realizaron un gasto total de máis de 650 millóns de euros, acadando tamén un máximo histórico

Stadio Sport  |  28 de Septiembre de 2015 (15:20 h.)
Más acciones:

 

O gasto total do turismo internacional na comunidade galega medrou o pasado mes de agosto un 14,7%, en relación ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos da enquisa EGATUR, publicada hoxe polo Instituto de Turismo de España, que recolle as cifras relativas ao gasto que realizan en Galicia os visitantes non residentes no noso país.

Segundo esta enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia neste agosto de 2015 foi de 153.820.262 euros, acadando un máximo histórico xa que a nosa comunidade nunca antes conseguira superar o nivel dos 150 millóns de euros neste oitavo mes do ano.

O incremento do gasto total do turismo internacional vén como consecuencia de dous factores, un maior volume de turistas internacionais –que creceron na nosa comunidade un 17% neste mes de agosto– e un maior gasto medio por persoa e día, que creceu neste oitavo mes do ano un 5,3%, superando os 84 euros.

A nivel estatal, o gasto dos turistas internacionais subiu en boa parte das comunidades autónoma no pasado mes, rexistrando Galicia o quinto maior incremento do estado.

 

image_gallery

 

Acumulado do ano

En canto aos primeiros oito meses do ano, o gasto total do turismo internacional en Galicia tamén viuse incrementado cunha suba neste caso do 10,4%, en relación ao mesmo período do pasado ano.

Os turistas internacionais que chegaron a nosa comunidade no que vai de ano realizaron un gasto total de máis de 650 millóns de euros -654.592.906€-.

Esta cifra supón tamén un máximo histórico pois nunca antes o gasto total realizado polos turistas internacionais en Galicia conseguira sobrepasar o nivel dos 600 millóns de euros neste período de oito meses.

 

Verán 2015

Tamén no que se refire ao período estival o gasto total do turismo internacional en Galicia viuse incrementado rexistrando unha suba do 15,3% e máis de 270 millóns nos meses de xullo e agosto.

Neste período de dous meses melloraron tamén as cifras de gasto medio diario –un 2%- así como o gasto por persoa no total da viaxe -un 3,5%– rexistrando, neste caso, preto de 830 euros por persoa.