02:02 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Davila solicita a Tejerina que atenda as demandas de máis cotas para o cerco no Cantábrico Noroeste

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pide á Ministra de Agricultura que atenda as demandas do sector pesqueiro de cerco galego, “asfixiado pola falla de cotas para pescar xurelo e anchoa no Cantábrico Noroeste”

Stadio Sport  |  28 de Septiembre de 2015 (15:17 h.)
Más acciones:

 

“Dada a difícil situación pola que atravesa o cerco galego, que dispór ten o Goberno a cambiar o modelo de reparto das cotas de xurelo e anchoa a fin de garantirlles a viabilidade futura ao sector pesqueiro?”, inquire a deputada do BNG á Ministra.

Lembra Davila que o pasado 14 de setembro o Goberno decretou a prohibición “provisional e precautoria” da captura de xurelo no Cantábrico Noroeste para os barcos con xestión conxunta de Acega, unha organización que representa á maior parte do cerco galego, uns 120 barcos”.
A deputada do BNG expón á Tejerina a crítica situación do cerco galego que “vive atenazado polas estreiteces derivadas de tanto recurte de cotas, e que está a ser vítima dun ensañamento pouco comprensíbel”. Igual que sucede con outras frotas galegas, enfatiza.

 

Hai moitos desequilibrios: “o cerco galgo o máis prexudicado”

A parlamentar nacionalista salienta que o cerco “apenas ten posibilidades de pesca para as súas especies habituais. A irrisoria cota fixada para a anchoa xa a consumiron. O peche da pesquería de xurelo aínda os pón máis contra as cordas após dun verán pouco activo”. Nese sentido, lembra que o Goberno pechou a pesquería de xurelo o 2 de xullo, após de se esgotaren as 1.430 toneladas disponíbeis para este ano. Logo reabriuna o 16 de xullo após de ampliar a cota dunha parte do cupo de xurelo para 2016 que o Ministerio aínda non concretou.

Desde o 16 de xullo, o cerco contaba cun tope máximo dunha tonelada por día e barco, así como un límite de catro desembarcos semanais. Máis, “nin siquera puido chegar a outubro”. Tan só pode pescar xurelo no sul de Galiza, na zona IXa, desde Fisterra até o Golfo de Cádiz, onde só consumiron o 62,24% da cota, 2.715 toneladas das 4.363 totais. A cuestión é que “moitos destes barcos non poden desprazarse a augas do Atlántico porque non están equipados para iso”.

Denuncia Davila o paradoxo de que “o sector teñan que ver situacións asombrosas como que barcos cántabros ou vascos poidan descargar no porto de A Coruña 40.000 kg de xurelo mentras o cerco galego está cheo de limitacións”. “Considera o Ministerio que se trata dunha situación xusta e equilibrada? Sabe que son moitas as familias que viven desta actividade? É consciente de que moitos destes barcos non poden desprazarse ao Atlántico a pescar debido a que non están adecuadamente equipados?”.

A deputada do BNG pide ao Goberno que atenda os plantexamentos do sector do cerco e proceda a realizar unha modificación do modelo de reparto actual.