00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Davila acusa ao PP “de ser incapaz de abodar a cuestión política de Catalunya desde o diálogo”

Stadio Sport  |  01 de octubre de 2015 (18:18 h.)

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna da Cámara Baixa a deixar clara a posición contraria do BNG á reforma do Tribunal Constitucional do PP. Unha proposición de lei que voltaba hoxe ao pleno do Congreso co debate das emendas

 

Neste sentido, a deputada do BNG defendeu as emendas do BNG á reforma do PP salientando que a reforma do Tribunal Constitucional do PP “é unha reforma impropia dun Estado democrático. Un Estado de Dereito créase baixo o principio de imparcialidade, máis esta reforma só é para penalizar a quen se considera un inimigo político”.

 

“Son incapaces de dialogar e facer fronte a un problema político”

Considerou especialmente grave as faculdades que se refiren á execución de sentenzas do TC, “grave porque non foron reclamadas nin polos membros do Tribunal Constitucional nin por parte doutros foros xudiciais”, e acusou ao Goberno de facer unha reforma do TC con fins eleitoralistas. “Só obedece a intereses eleitoralistas”, e lembrou que foi unha proposición de lei presentada no rexistro do Congreso polo candidato do PP ás elecións catalanas.

Acusou ao Goberno do PP dunha total falla de capacidade para enfrontar unha cuestión política plantexada por unha importante porcentaxe da poboación catalana. “Qué máis da que a porcentaxe sexa do 47, do 48, do 49 ou do 50. Trátase dun número moi importante de cataláns que están a reclamar o seu dereito a decidir, e non se pode resolver unha cuestión política desta índole como pretende o Goberno con medidas punitivas, senón que debe enfrontarse desde a actuación política, desde o diálogo e desde o recoñecemento do dereito cidadán a poder decidir”.

Para a deputada do BNG “este Goberno do PP fai gala de novo da súa incapacidade de diálogo político, da súa incapacidade de facer fronte a un problema político desde a política. Só empregan métodos punitivos para abordar unha cuestión política”. “Vostedes agravan as situacións e convirten os temas políticos en problema cando o problema é este Goberno, é o PP”.

Davila criticou ao PP “por facer unha reforma contraria aos intereses das maiorías sociais e contraria a unha solución política da situación de Catalunya”. Sen esquecer, subliñou, que “unha maioría de cataláns reclaman que se atenda o seu dereito a decidir que este Goberno e o PP lles nega”.

Hemeroteca