00:06 h. viernes, 19 de abril de 2024

A CRTVG censura as críticas ao PP tamén en campaña electoral

Stadio Sport  |  30 de diciembre de 2015 (19:06 h.)

A deputada socialista Concepción Burgo denunciou a manipulación da información electoral por parte da CRTVG, nos que “sorprendentemente en toda a campaña, segundo os medios públicos, os membros do PSOE non fixeron unha soa alusión ao PP”. No debate dunha pregunta na Comisión da CRTVG, acusou ao director xeral do ente de “vulnerar tódolos dereitos dos cidadán a unha información veraz e non partidista”

 

A deputada socialista sinalou que o tratamento informativo dos medios públicos de comunicación “axústanse perfectamente á definición de manipulación por parte da RAE”, que a explica como “intervir con medios hábiles e, ás veces, arteiros, na política, no mercado, na información, con distorsión da verdade ou da xustiza, e ao servizo de intereses particulares”.

Burgo censurou que ningunha das informacións nos espazos estritamente electorais emitidas pola CRTVG inclúe unha soa cita de ningún representante do PSOE na que se refira ao PP. Sinalou que “eu participei na campaña electoral e asistín ás intervencións e podo asegurar que iso non é certo” polo que esixiu coñecer “quén é a persoa que decide” os criterios polos que censuran as informacións correspondentes aos socialistas.

 

Cómplice

Acusou ao responsable do ente de ser “cómplice desta situación” para permitir o uso dos medios públicos de comunicación para “cambiar a realidade atendendo aos intereses particulares do PP”, de ser un “instrumento para manterse no poder”. Lembrou que o director xeral poderá continuar no seu cargo logo do paso da Compañía ao estatus de Corporación a partir do 1 de xaneiro grazas á “reforma antidemocrática” aplicada pola Xunta.

De acordo coa Lei de Medios Públicos de Comunicación, a partir do 1 de xaneiro debera ser escollido un novo director xeral da CRTVG por consenso, o que foi cambiado polo PP na Lei de Acompañamento aos Orzamentos para garantir a permanencia de Sánchez Izquierdo durante os próximos 9 anos.

Instou a afrontar a nova etapa “deixando a mala costume do PP de utilizar á TVG para os seus fins partidistas e comecen a facer un traballo bo para az cidadanía” xa que ata o momento “non estivo a cumprir a súa obriga de imparcialidade e de ofrecer unha información veraz”.

Hemeroteca