01:59 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

A Comisión de Seguridade Viaria nos Camiños de Santiago analiza as medidas dispostas para mellorar o tránsito dos peregrinos

Antes de que remate o mes de outubro, a nova plataforma permitirá realizar de xeito cómodo e eficaz múltiples trámites administrativos dende calquera ordenador con conexión a internet

Stadio Sport  |  10 de Octubre de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A sede electrónica permitirá o pago de todos aqueles recibos tributarios que non estean domiciliados. Mesmo no caso daqueles que estean fóra de prazo, tamén será posible realizar o aboamento, xa que o sistema calculará as penalizacións correspondentes en cada caso. Tamén se irán incorporando de xeito progresivo ao portal os diferentes modelos de autoliquidacións tributarias, de xeito que se poderán pagar directamente no enderezo da sede: http://sede.oleiros.org. Nos vindeiros meses tamén estarán dispoñibles as autoliquidacións correspondentes ás actividades culturais, deportivas e de servizos sociais.

Outra das novidades máis importantes que ofrece o renovado espazo dixital é a posibilidade de pagar multas impostas pola administración local. Grazas á nova plataforma de pago, que cumpre con todos os requisitos establecidos nas diferentes normativas, calquera veciño ou veciña pode realizar os seus pagos de xeito totalmente seguro. O único requisito que se esixe é a identificación da persoa usuaria mediante PIN, DNI electrónico ou certificado dixital.