00:00 h. martes, 19 de marzo de 2024

Balseiro salienta que máis de 5.000 lucenses con pensións non contributivas se beneficiarán dun complemento da Xunta de 206 euros

Stadio Sport  |  02 de enero de 2016 (13:29 h.)
JubiladosInteriorEFE

O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que máis de 5.000 lucenses con pensións non contributivas se beneficiarán dun complemento extraordinario da Xunta por valor de 206 euros.

A axuda chegará ás persoas perceptoras de pensións non contributivas (en concepto de xubilación ou invalidez), perceptores do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos. Trátase dun complemento que só manteñen tres Comunidades Autónomas –entre elas Galicia- e que suporá un investimento total por parte da Administración galega de 8,7 millóns de euros.

INGRESO SE OFICIO, SEN TRÁMITES, SEN SOLICITUDES

Balseiro aclara que esta axuda ingresarase de oficio, sen necesidade de efectuar solicitudes ou levar a cabo ningún trámite adicional e será aboada pola Xunta, directamente na conta corrente do beneficiario, nun pagamento único e automático que se efectuará nos primeiros dez días de xaneiro.

O parlamentario mariñán indica que o Goberno galego segue a apostar por medidas de apoio ás persoas e familias con menos recursos, entre elas, estes complementos dirixidos a aqueles pensionistas con percepcións máis baixas.

1515 FAMILIAS BENEFICIARIAS

Segundo datos oficiais proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) durante o 2014 o número de beneficiarios de pensións non contributivas por xubilación ou invalidez no conxunto da provincia de Lugo son 5.018, deles 1.892 homes e 3.126 mulleres. En Galicia, superan os 42.000 beneficiarios.

Respecto dos que perciben a prestación polo Fondo de Asistencia Social o IGE só proporciona datos provincias, indicando que son un total de 3 persoas e 64 máis reciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Hemeroteca