07:56 h. Sábado, 24 de Junio de 2017

Stadio Sport

Avaliación de Compromiso por Galicia do ano que pecha hoxe: 2015, Un ano nefasto para Galicia

Xoán Bascuas afirma que “Feijóo acabou con todo o pouco que tiña Galicia, rematando un 2015 negro en tódolos aspectos”. 

Un ano nefasto de políticas de austeridade en servizos sociais 

Stadio Sport  |  31 de Diciembre de 2015 (15:16 h.)
Más acciones:

Compromiso por Galicia fai unha avaliación do ano que pecha hoxe e do que non se pode sacar nada positivo. As políticas de Feijóo ao frente da Xunta e Rajoy no Estado español, foron nefastas en tódolos ámbitos: emprego, dependencia, sanidade, educación... O retroceso de Galicia é notable en diversos sectores, non existe competitividade e o avellentamento da poboación e a fuga das e dos mozos máis preparados, deixan ao País nunha situación de debilidade extrema.

Xoán Bascuas, secretario xeral da formación galeguista, afirma que con Feijóo destruíuse o pouco emprego de calidade do País, ademais de que cada vez hai menos persoas cotizando e máis agardando unha pensión, debido á sangría migratoria e ao avellentamento da poboación.

As medidas económicas do PP foron un retroceso e non axudaron en absoluto ás persoas máis desfavorecidas, senón que contribuiron a que uns cantos acumulasen máis riqueza; non se fixo ningunha política de prevención en materia de incendios forestais, que un ano máis arrasaron os nosos montes; non se defendeu en ningún momento aos gandeiros que cobran prezos polo leite moi inferiores aos custos de producción e tampouco se defendeu a pesca galega, en definitiva, Feijóo non foi o presidente das/os galegas/os, senón dos ditados de Madrid, que nin ten monte, nin vacas, nin mar.

Compromiso por Galicia será protagonista do cambio en Galicia

Logo da valoración das políticas que nos deixa este 2015, Bascuas referíuse ao que virá no 2016. Así, o lider galeguista asegurou que Compromiso por Galicia será protagonista do cambio político o vindeiro ano, xa que a cidadanía é consciente de que tanto PP coma PSOE non cumpren as súas promesas coa cidadanía galega, senón que están supeditados a Ferraz ou a Génova, mentres que Compromiso será sempre defensora dos dereitos que como País lle corresponden a Galicia, respondendo só ante galegas e galegos.

A rexeneración democrática -continúa Bascuas- virá da man dunha forza política progresista e galeguista, que pense no interese de Galicia por riba de todo e que practique unha nova cultura política baseada na participación e na transparencia, en definitiva, unha forza política totalmente distinta aos partidos que gobernaron o noso País nos últimos anos e, esa forza, é Compromiso.