14:36 h. Domingo, 26 de Febrero de 2017

Stadio Sport

O 112 rexistrou 131 incidencias relacionadas co temporal que afectou a Galicia

A provincia máis afectada foi Pontevedra, con 53 incidencias; seguida da Coruña, con 44. A maior parte das incidencias están relacionadas coa caída de árbores e pólas, así como con anegamentos en rúas, estradas, garaxes e vivendas

Stadio Sport  |  29 de Diciembre de 2015 (15:29 h.)
Más acciones:

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou un total de 131 incidencias a causa do temporal de vento e choiva que está afectou a Galicia neste luns, tanto en terra como no mar.

Así se desprende dun informe do Centro de Emerxencias galego, que recolle datos comprendidos entre as 6.00 horas e as 18.00 h. de hoxe. A provincia máis afectada foi a de Pontevedra, con 53 incidencias; seguida da Coruña, con 44; Lugo, con 18, e Ourense rexistrou 16.

Igualmente, nese mesmo período tamén se atenderon 1.741 chamadas, das cales a maioría, foron rexistradas entre as 17.00 e as 18.00 horas, cun total de 226, segundo os datos do Centro de Atención ás Emerxencias.

Os tipos de incidencias que máis se repetiron foron: Caída de árbores e pólas (66), prevención de riscos (16), bolsas de auga en estradas (10), postes de luz en estradas (8), anegamento en rúas (7), anegamentos en vivendas (5), anegamentos en baixos comerciais: 3), anegamentos en estradas (3) e carteis e pancartas en estradas (2)

Os concellos con maior número de incidencias foron Vilagarcía de Arousa, O Porriño, Valga, Vigo, Pontevedra, Muros, Dumbría, Arzúa, Ferrol, Mugardos, Boqueixón, Pereiro de Aguiar, Pantón e O Incio.