23:02 h. jueves, 25 de abril de 2024

Comeza a funcionar o novo campo de fútbol 5 dos Remedios en Ourense

Stadio Sport  |  30 de diciembre de 2015 (20:07 h.)

Á inauguración das instalacións acudirán o alcalde, Jesús Vázquez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; e o concelleiro de Deportes, Mario Guede

 

Este mércores comezarán a funcionar dúas novas instalacións deportivas no Pavillón dos Remedios: o campo de fútbol 5 e os novos vestiarios do módulo de atletismo.

Estas obras son froito da colaboración adoptada entre o Concello de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. No encontro institucional que mantiveran os seus responsables -Jesús Vázquez e José Ramón Lete- no pasado mes de agosto, ambos asumiron o compromiso de acometer estas demandadas e necesarias obras de remodelación. O campo de fútbol 5 supuxo un investimento de 61.003,36 euros e os novos vestiarios do módulo de atletismo supuxeron 39.394,64 euros. Naquel compromiso tamén se contemplara a remodelación integral do anexo do Pavillón (por un importe de 300.000 euros) que se realizará durante o ano 2016.

 

Campo de fútbol 5

Este campo de fútbol 5 ven a ser un complemento ideal para o campo de fútbol dos Remedios, permitindo desmasificar o actual rectángulo de xogo de fútbol 11, utilizar un espazo morto existente ao final do mesmo e permitir a ensinanza dos xóvenes xogadores de fútbol, debido as características da instalación, que permite múltiples apoios nos laterais do campo, resultando un xogo moi dinámico e divertido para os practicantes.

Este campo, estilo fútbol indoor, faise actualmente con céspede de 16 mm e lástrase con area. No campo dos Remedios, o céspede colocado é de 55 mm e o lastrado faise por medio de area e caucho, para asemellar o máximo posible a superficie ao campo de futbol 11 colindante e que, sobre todo os máis cativos, non noten o cambio de superficie e o mesmo tempo non se manquen nas caidas ou nos lances do xogo a ras do chan.

En cada partido, os equipos estará formado por 10 xogadores. O equipo inicial componse de 5 xogadores (4 de campo e un porteiro). As normas de xogo se rixen pola normativa de fútbol sala, tendo en conta que se xoga tamén coas paredes. Uso das paredes: os muros que delimitan o terreo de xogo pode utilizarse como si se tratasen de un elemento mais do mesmo o de un compañeiro, o que permite realizar xogadas e tácticas radicalmente distintas as utilizadas en fútbol e fútbol sala. Sólo si la pelota sobrepasa a vertical de das paredes, producirase un saque de banda, que habrá de realizarse con una sola mau e por debaaixo da cintura.

 

Os novos vestiarios

Os vestiarios para o módulo de atletismo foi unha das demandas máis importantes dos usuarios do recinto deportivo deportivo dos Remedios para atender sobre todo aos máis cativos que acuden as escolas de atletismo en dito recinto e que non tiñan vestiarios  nesta instalación. O ,ódulo sitúase na terraza situada entre as bancadas e a entrada ao módulo de atletismo do Campo de Fútbol dos Remedios no complexo polideportivo dos Remedios do Consello Municipal de Deportes.

Este módulo se construe modificando e adaptando dous contenedores de carga.

O conxunto modular consta dunha superficie de 12 metros de longo por 2,44 m de ancho (exterior) e 2,90 metros de altura. Para a súa montaxe nonse precisou de ningún tipo de obra civil. O interior ten 2 habitáculos (2 vestiarios independentes), dotados de bancadas e duchas, lavabos e tamén está dotado de sistema de calefacción e aire  acondicionado. O seu aspecto exterior, foi acondionado conforme aos cores das bancadas do campo de fútbol e con unhos vinilos para distinguir o vestiario que con frecuencia se usará como vestiario feminino e o vestiario masculino.

Hemeroteca