17:59 h. Sábado, 20 de Abril de 2019

O Fisober viaxa a Madrid para enfrentarse ao Leganés

Fin de semana a domicilio para o primeiro equipo e as inferiores do Fisober F.S.F. , mentras que o equipo de Provincial descansará debido o parón da Liga

Stadio Sport  |  15 de Enero de 2015 (22:55 h.)
Más acciones:

Unha nova viaxe a terras madrileñas para o Fisober e de novo para reducir custos o medio de transporte  máis barato para dito viaxe  será o  avión, aínda que desta vez cambian de aeroporto, saíran na mañá do mesmo sábado por primeira vez  dende o aeroporto coruñés de Alvedro.

No meramente deportivo difícil visita para un Fisober que con este partido remata a primeira volta. Traballo e concentración durante os corenta minutos e aproveitar as oportunidades  serán chave para tentar traer algo positivo desta primeira saída do 2015. O descansar o equipo de Provincial algunha xogadora do filial podería entrar na convocatoria.

As madrileñas sitúanse na parte media alta da clasificación quintas clasificadas  e dando moi boa impresión nos seus partidos. Rival compricado capaz de poñerlle as cousas moi difíciles os galos da competición.

Pola súa banda as categorías inferiores que dirixe Dani Costa renden visita o Sporting  Zas dentro da Liga da Costa de fútbol sala base. Os partidos disputaranse no Pavillón de Zas, a  partires das 11 horas será a xeira para as benxamíns e unha vez finalizado este as 12 horas será  a xeira para as alevíns.

O Fisober F.S.F. súmase a loita para que as competicións de Fútbol Sala Feminino sexan oficiais para a Fifa como son as dos homes. Usa o hashtag  #WomenPlayFutsalFifa  citando a Fifa para que se enteren e nos escoiten.