23:57 h. Miércoles, 22 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

David Muñoz, presentado como novo reforzo do Prone Lugo

O pívot proclamouse campión de España Sub-19 coa selección catalana

Stadio Sport  |  28 de Agosto de 2015 (00:16 h.)
Más acciones:

 

Este xoves compareceron ante os medios de comunicación, Manolo Vázquez e o xogador David Muñoz con motivo da súa presentación e o partido ante o Boal F.S o sábado ás 18:00 no polideportivo municipal de Boal.

O pívot catalán David Muñoz, declarou que o míster falara con el e que se quedaría no club, seguiu declarando que o equipo desde o primeiro momento que chegou acolléronlle moi ben.

‘’Estamos traballando pouco a pouco, imos nunha boa liña’’, afirmou o catalán. En canto á faceta física, David Muñoz declarou que o salto da 2B á segunda división era moi grande en canto a esta labor, onde aclarou que debería de poñerse mellor físicamente.

En canto á oportunidade que lle brindou o club, David Muñoz aclarou que non se esperaba esta oportunidade e que Prone era un equipo histórico da primeira división de fútbol sala, polo que non se pensou nin un só momento cando lle xurdiu esta oportunidade.

Para finalizar, o catalán séntese ilusionado e con ganas de traballar para subir de novo á primeira división, máximo obxectivo dos lucenses.

O técnico, Manolo Vázquez, aclarou que estaban decidindo os xogadores que seguirían e os que non, en canto a fichaxes, Manolo declarou que faltaban catro xogadores por vir e que xa contaban co xoven de 21 anos, Palermo.

Manolo falou sobre David Muñoz, ao cal definiuno como un xogador novo cunha proxección importante, forte no pívot e que tería que seguir crecendo nas condicións físicas. 

Sobre o equipo, Manolo aclarou que vía ben ao equipo e, sobre os xogadores do ano pasado, falou de que Óscar Iglesias estaba incrible a nivel de competencia e responsabilidade. Proseguiu con que Óscar Iglesias collera un rol importante no equipo.

Sobre o capitán, Diego Nuñez, Manolo valorouno como xogador top en todas as facetas e, sobre os xóvenes, aclarou que estaba moi contento. Sobre Nacho Pedraza, Manolo quere que o seu rol sexa máis importante e, sobre unha das últimas incorporaciones, Manolo aclarou que Marrupe estaba crecendo moitisimo. Sobre o equipo, Manolo cre que co equipo que se está formando, polo menos, terá que estar no playoff e pelexar pra volver subir.

A última fichaxe, Palermo, ten 21 anos e adestrouse na sesión vespertina por primeira vez cos seus compañeiros. Manolo finalizou con que o Prone que se estaba formando para o futuro.