01:26 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Stadio Sport

Selección Sub 18 feminina empatou con Baleares 0-0 e remata cun punto esta Primeira Fase

A Selección Galega Feminina Sub 18 fixo méritos de sobra para sumar os seis puntos nesta Primeira Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, pero a súa superioridade no xogo non se veu recompensada con vitorias. A falta de puntería nos últimos metros foi un hándicap para o noso equipo, que remata a fase cunha derrota por 1-0 con Navarra e cun empate 0-0 con Baleares

Stadio Sport  |  19 de Diciembre de 2015 (21:26 h.)
Más acciones:

O combinado galego fíxose coa posesión desde o principio, mentras que as baleares mantíñanse replegadas buscando algún contragolpe. E casi marcan no primeiro que levaron a cabo. Aínda que as ocasións máis claras foron galegas. E iso que aos 20 minutos lesionouse a internacional Nuria Rábano, perdendo un importante potencial no equipo. Un contratempo que non impediu que se mantivese o dominio galego. A gardameta balear enviou a córner un balón que ía para dentro logo dun saque de falta de Nerea. E despois do descanso Noelia rematou de cabeza ao longueiro.

Os minutos pasaban e o gol non chegaba. Quin Valbuena moveu o banquillo buscando máis chegada e xa na última acción do encontro chegou unha ocasión clarísima. Ceci presentouse soa diante da porteira rival, pero esta gañoulle a partida.

Deste xeito a nosa selección remata esta primeira fase cun punto no seu casilleiro, o que complica en gran medida unha hipotética clasificación para a Fase Final, pois precisa facer unha Segunda Fase perfecta e aínda así dependería doutros resultados.

FICHA TÉCNICA

Galicia: Carmen, Sabela, Raquel Bejar, Sara Pazos, Ari, Ceci, María, Nerea, Nuria Rábano (Ángela, min. 21), Ana (Leticia, min. 75) e Noelia (Carla, min. 69).

Illes Balears: Sandra, Yamila (Zaida, min. 53), Ana, Marina, Paula, Bárbara, Margarita (Aiona, min. 70), Rebeca Delgado (Nicole, min. 53) (Marina, min. 85), Rebeca Escalas, Irene e Diana.

Arbitro: Palomo Fuentetaja (Colexio Navarro), auxiliado por Jon Del Olmo e David Casabona. Amosou cartón amarelo a Nerea e Carla por Galicia e a Bárbara e Nicole por Baleares.

Campo: Mutilva