00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A Selección Galega Sub-16 Feminina xoga esta fin de semana a Fase Final do Campionato de España en Xixón

Stadio Sport  |  11 de junio de 2015 (23:50 h.)

O equipo realizou este xoves en Santiago (campo Sergas) a última sesión de adestramento antes de viaxar a Asturias

 

O Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Javier García, desexou sorte á expedición antes de tomar rumbo a Xixón.

Para esta Fase Final só se clasificaron 4 Seleccións e o sistema de competición é o habitual de semifinais eliminatorias e final. O sorteo deparou o seguinte CADRO DE COMPETICIÓN:

Semifinais

Venres 12       10:30   Castela A Mancha - Cataluña (A)

Venres 12       12:30   Madrid - Galicia (B)

Final

Domingo 14    11:00   Gañador A - Gañador B

 

DSC02353

 

O Seleccionador, Manuel Rey "Petaca", tivo que facer un cambio de última hora obrigado pola lesión de Nuria Rábano. A internacional con España non pode estar coa Selección Galega en Asturias e o seu lugar é ocupado por Laura Alvite Torres, do Porto do Son, xogadora que tamén participou en algunha concentración de preparación da nosa Selección.

 

CONVOCATORIA

DORSAL          NOME E APELIDOS                 CLUB

1                      Carmen Sumay Dios               Villestro SD

2                      Alba Pérez García                  Galicia Mugardos

3                      Lucía Sandar Casal                 SCD Milagrosa

4                      María Calvar Rodiño              Bértola FF

5                      Lara Martínez Velázquez       Rápido de Bouzas CF

6                      María Corral Piñón                SD O Val

7                      Leticia Santos González         Tordoia SD

8                      Teresa Abelleira Dueñas       AJ Lérez

9                      Inés Faro Pérez                       AD Vila de Corpus

10                    Laura Alvite Torres                Porto do Son

11                    Carmela Barro Casanova      EF Racing Ferrol

12                    Eva López González                Atlético Arousana

13                    María Ameneiros Yáñez        Orzán SD

14                    Rosalía Muíño González        Victoria CF

15                    Tatiana Barcia Blanco           Victoria CF

16                    María López Duarte               SCD Milagrosa

17                    Alba Muñiz Rodríguez            Xuventú Aguiño

18                    Sara Debén Mota                   AD Vila de Corpus

 

equipocompleto

 

CORPO TÉCNICO

Manuel Rey Fernández "Petaca"       Seleccionador

Andrés Monteagudo Ares                  Axudante Seleccionador

José Antonio Rodríguez Carballo       Delegado

Alba María Rodríguez Canosa           Fisioterapeuta

José Luis Vázquez García                   Encargado material

Manuel Fernández Pena                    Xefe de Expedición

 

DSC02329

 

NOTAS A TER EN CONTA

Galicia xa se enfrentou a Madrid na primeira fase clasificatoria gañando a nosa selección por 1-0.

A baixa de Nuria Rábano é moi importante, pois é a única internacional do equipo.

As xogadoras recibiron hoxe unha mensaxe clara do xefe de expedición e do adestrador baseada en 4 puntos: Disfrutar da experiencia, sentirse orgullosas de representar a Galicia, ter un bo comportamento (deportividade, respeto, educación…) e competir para gañar.

 

SELECCIONADOR

O santiagués Manuel Rey, ao que todos coñecen polo alcume “Petaca”, destaca “o talento e a calidade” das súas xogadoras, porque “cada día hai mellores campos e mellores adestradores e na calidade o fútbol feminino galego medrou moito”, aínda que preferiría que tiveran “unha mellor preparación física”. Insistiulle ás xogadoras de que se olviden durante tres días de asuntos como os exames, as competicións cos seus clubs ou a excursión de fin de curso e que “se centren na Selección Galega para poder corroborar o que fixemos na primeira e na segunda fase. Por ese traballo estamos nesta Fase Final na que só hai catro seleccións”.

Petaca preferiría non ter que enfrontarse en semifinais cun rival co que xa se mediron e ao que gañaron. “Creo que eso é perxudicial porque po moito que lle digas que Madrid é unha selección perigosa, como así foi na primeira fase, elas pensan internamente que como xa lle gañamos pode resultar doado. Trataremos de preparalas mentalmente”.

Destaca que a baixa de Nuria Rábano “é moi importante porque incluso as contrarias estarían más preocupadas si estivera con nós. Ademais é unha xogadora determinante a balón parado. Foi unha xogadora clave para que chegásemos a esta fase”.

Espera un partido igualado na semifinal contra Madrid. “Seguro que sufriremos pero esperamos estar na final” e logo hai que disfrutar pero todas como un equipo e si podemos quedar campións, pois moito mellor”.

Culmina Petaca afirmando que a primeira condición que lle esixe ás xogadoras que convoca é “ser responsables, ser respetuosos e sobre todo ser galegas e sentirse orgullosas de representar a Galicia”.

Hemeroteca