00:10 h. jueves, 18 de abril de 2024

Presunto sexismo de Mesa García, delegado da FGF en Ferrol

Stadio Sport  |  31 de agosto de 2014 (03:00 h.)

Dende a Revista do Fútbol Feminino Galego, fixo unha reclamación, dirixida a distintas administracións e asociacións, mostrando a sua protesta polas dificultades que lles foron colocando no camiño o delegado da Federación Galega de Fútbol, Manuel Ángel Mesa García, e os actuais dirixentes do Narón Balompé Piñeiros, coa presunta intención de condicionar a celebración dunha homenaxe a futbolistas pioneiras hai trinta anos, así como a celebración dun partido entre equipos femininos da Segunda División española.

Os actos, finalmente, foron celebrados no campo do Cadaval, en Narón, o pasado día 15 de agosto.

A intención dos responsables da Revista  é que valoren se houbo unha conduta sexista á luz do comunicado, que adxuntan ao final, por parte do delegado, e se houbo un colaboracionismo con el por parte dos dirixentes do Narón Balompé Piñeiros.

Para o caso, se son autoridades competentes: 

Que tomen as dilixencias oportunas; e, se son medios ou asociacións vinculadas á loita pola igualdade, e particularmente sobre a igualdade de xénero:

Que teñan coñecemento dos feitos e, se o estimaren, se posicionen coas medidas que estimen oportunas dentro da legalidade.

VER COMUNICADO

Hemeroteca