A FIFA escolle á asistente coruñesa Yolanda Parga para arbitrar no Mundial de Fútbol Feminino Canadá 2015

Stadio Sport  |  31 de marzo de 2015 (14:50 h.)

Yolanda xa ten experiencia neste tipo de competicións xa que estivo presente no Campionato do Mundo de Canadá Sub-20 feminino e no Campionato do Mundo sub-17 de Costa Rica

 

Yolanda Parga Rodríguez, coruñesa de 36 años, foi escollida por FIFA para ser asistente no Mundial 2015 de Canadá de fútbol feminino.

A Comisión de Árbitros da FIFA, presidida por Jim Boyce (Irlanda do Norte), designou a 22 árbitras, 7 colexiadas de apoio e 44 asistentes para o Mundial feminino de 2015.

Yolanda xa ten experiencia neste tipo de competicións xa que estivo presente no Campionato do Mundo de Canadá Sub-20 feminino e no Campionato do Mundo sub-17 de Costa Rica.

Yolanda Parga fíxose árbitra en A Coruña pero por motivos persoais trasladouse a vivir a Madrid e agora pertence ao Colexio Madrileño de Árbitros.

As árbitras y as asistentes seleccionadas proveñen de 49 países diferentes e a lista pode consultarse aquí.

Más acciones:
Hemeroteca