11:11 h. Jueves, 23 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Comunicado das xogadoras do CD Choco

As xogadoras do C.D. Choco amosan o seu desgusto pola forma como son tratadas pola actual Xunta Directiva nun comunicado, onde fan referencia ao desprezo dos actuais directivos

Stadio Sport  |  23 de Julio de 2014 (13:00 h.)
Más acciones:

 

As xogadoras, adestrador e delegado do Choco Feminino que militamos na primeira división galega de fútbol feminino queren poñer en coñecemento de todos os socios do CD Choco, partidos políticos locais éa xente de Redondela en xeral, o desprezo deportivo que fomos sometidas pola actual Xunta Directiva.

Esta Xunta Directiva que hai uns días alardeaba na Asemblea Xeral de Socios da súa xestión económica e que pechaba a tempada con superávit de 6.200 euros (e aínda tiñan pendentes de cobrar 16.000 euros do Concello) obrígannos  a descender dunha categoría que gañamos nos campos de fútbol.

Vender lotaría de Nadal, vender as “invendibles” rifas dun sorteo dun coche, pagar un recibo de socio e sobre todo o que mais nos indigna é que nos obrigan a pagar a nosa propia mutualidade de accidentes deportivos.

Un déficit de 3000 euros ao ano(sen descontar a parte proporcional das subvencións do Concello, Deputación e Xunta que nos corresponden) é a súa disculpa para ponernos entre a espada e a parede e así nos poder liberar de nos.

En dous anos onde pagamos o noso chándal, saudoiros, roupa de adestramento, etc. e a Directiva do Club, neste tempo, nin nos facilitou un par de medias para os partidos oficiais.

As administracións locais e provinciais  están realizando un esforzo  económico enorme para dotar, para uso exclusivo do C. D. Choco, unas instalacións de primeiro nivel e a súa resposta ente estes investimentos(que pagamos todos) é a de recortar o nivel deportivo do club e poñendo unas condicións para poder xogar inaccesibles para unas deportistas novas.

A súa filosofía de que cada equipo debe ser autosuficiente xerando ingresos para os seus gastos é digna  de estudo xa que entón  nos preguntamos  onde van parar as subvencións oficiais.

A súa falta de interese polo equipo feminino era desmotivador xa que nunca ningún directivo viaxou co equipo, moitas veces nós abríamos o campo para xogar os domingos pola tarde, os balóns eran terceiromundistas etc. etc.etc. aínda así xogamos a fase de ascenso para a categoría nacional.

É paradoxico que o máximo patrocinador de C.D. Choco sexa empresa I.C.O.M. cuxo maior mercado é o de produtos de beleza para mulleres.

Este grupo de rapazas(o 80% de Redondela) intentaremos seguir coa nosa paixón polo fútbol en calquera outro sitio se podemos ou ben iremos para a casa coa fustracción de non poder xogar ao fútbol no noso pobo.

Sorte ao C.D. Choco nas súas distintas categorías, falta vaille facer coa directiva que nestes momentos dirixe o seu destino.