06:31 h. Martes, 21 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

As viaxes de Feijóo

Feijóo sinala que o PP é o único voto seguro para a creación de emprego e o crecemento mentres o resto é un voto incerto que se xoga a unha tómbola ou a unha carambola

Stadio Sport  |  11 de Diciembre de 2015 (00:29 h.)
Más acciones:

Apunta que o resto de grupos políticos non poden dar a garantía do Partido Popular porque nunca o demostraron e non son capaces de dicir nin como o farían nin con quen.

20151210_FeijóoCarballo_04 Di que os populares fixeron posible a recuperación grazas á solidez dun proxecto, á determinación para exercer as súas obrigas, ao inconformismo de non darse por satisfeitos e á humildade que se precisa como servidores públicos.

Salienta que o Goberno de Mariano Rajoy non aceptou o rescate para España porque asumiu as súas responsabilidades e acertou crendo neste país, na súa xente e nas súas posibilidade.