09:30 h. Viernes, 24 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Os socialistas piden aos cidadáns que o 20D lembren os avances e oportunidades no país co PSOE e a pobreza e desigualdade coa dereita

A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, Rodrigo Pavón e Ricardo Varela, pediron este domingo aos cidadáns que o 20 de decembro lembren os avances e oportunidades que supuxeron no país os gobernos do PSOE, e a pobreza e desigualdade que xeraron os da dereita. 

Stadio Sport  |  13 de Diciembre de 2015 (23:42 h.)
Más acciones:

Regina Polín apuntou que “o actual mandato foi o peor da democracia. Pídovos que o 20D pensedes nas políticas privatizadoras que fai a dereita para que os ricos sexan máis ricos”

Rodrigo Pavón explicou que “o 20D non nos xogamos un novo goberno ou un presidente, xogámonos o futuro para os próximos 20 anos. Temos que volver a forxar a cadea solidaria que implantou o PSOE para que se estudas traballas, se traballas tes un soldo digno, se pagas impostos tes uns servizos públicos de calidade e co teu traballo pagas as pensións de teus país”

Ricardo Varela “Rajoy e o seu primo de Rivera queren consolidar o modelo de inxustiza social. E para elo fixeron un deseño perfecto para que os votos da dereita non se perdan e continúe a gobernar a dereita. Por un lado presentase o PP e por outro Ciudadanos. Pero todo é o mesmo: máis dereita. Só o PSOE pode facer fronte a esta contrarrevolución social”.