18:08 h. jueves, 18 de abril de 2024

O PSOE reivindica a posta en valor do Camiño Real con fondos de Fomento para xerar riqueza no rural lugués

Stadio Sport  |  14 de diciembre de 2015 (13:25 h.)

A candidata ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e o voceiro municipal do Corgo, Javier Cerqueiro, xunto a outros compañeiros de partido, fixeron este domingo un treito do Camiño Real ao seu paso polo Concello corgués para reivindicar a posta en valor desta ruta con fondos de Ministerio de Fomento co obxectivo de dinamizar a economía e xerar riqueza no rural lugués. 

O Camiño Real transcorre por núcleos do Corgo, Láncara, Lugo, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais e Triacastela. É unha variante do Camiño Francés que data da Idade Media. Hoxe non está recoñecida oficialmente, está practicamente en desuso e ten treitos intransitables. Con todo, hai peregrinos que seguen a empregalo, pois pasa por lugares emblemáticos como a Ponte de Carracedo, en Láncara, ou a de Lago, no Corgo, entre outros.

O PSOE aposta polo seu recoñecemento oficial, a súa mellora con tarefas de conservación e sinalización, e súa promoción para acadar que máis xente emprego o Camiño Real e verdadeiramente convertelo nun novo atractivo turístico para o rural lugués.

De feito, Concellos como o de Láncara xa inclúe no seu presuposto municipal para 2016 unha partida de 20.000 euros para o seu acondicionamento. Con todo, os socialistas consideran necesario a implicación do Goberno Central a través do seu propio Orzamento ou do 1% Cultural. 

Hemeroteca