09:30 h. Viernes, 24 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Nós-Candidatura galega publicitou con repolos de Betanzos o seu acto público de presentación en Betanzos

"Escollemos os repolos porque son un símbolo de Betanzos e a súa comarca"

Stadio Sport  |  09 de Diciembre de 2015 (15:11 h.)
Más acciones:

 Nós-Candidatura galega publicitou con repolos de Betanzos o seu acto público de presentación o vindeiro domingo día 13 no Matadoiro, no barrio da Ribeira, en Betanzos.

No cartaz da presentación pódese ver a Henrique del Río, portavoz local do BNG-Asembleas abertas, xunto á actriz Isabel Risco, número 2 da candidatura de Nós pola Coruña e Carlos Callón, cabeza de lista pola Coruña sostendo un repolo de Betanzos.

"Escollemos os repolos porque son un símbolo de Betanzos e a súa comarca". Deste xeito, Nós quere poñer en valor os produtos da horta galega e reinvindicar o próprio, na dieta mais tamén en política. Porque como di Henrique del Río "así é Nós-CG, unha candidatura de país para o País, cunha campaña centrada nos problemas reais da xente". A metáfora é clara: a candidatura de Nós, como os repolos, ten as súas raíces na terra.

O acto será aberto á participación da veciñanza porque, tal como afirma Henrique del Río "Nós-candidatura galega preséntase para que os problemas dos galegos e as galegas, da nosa comarca, estean presentes en Madrid, mais tamén para construír unha sociedade xusta, libre e igualitaria".