00:00 h. sábado, 20 de abril de 2024

Noa Presas: "Queremos un tren para viaxar, non para emigrar".

Stadio Sport  |  13 de diciembre de 2015 (11:50 h.)
ENSOBRADO-NÓS-CANDIDATURA-GALEGA1

Queremos un tren que nos acerque, aquí ao lado. Queremos un tren que nos conecte, entre nós, entre veciños, con vós. Queremos un tren que nos sinale os novos camiños do país”, dixo Noa Presas, cabeza de lista de NÓS-Candidatura Galega por Ourense, fronte a vella máquina do tren na Estación de Ourense.

Presas deu lectura a un manifesto en defensa do tren e explicou que NÓS-Candidatura Galega aposta no programa por recuperar “un servizo de proximidade público, a prezos razoables, socialmente sostible e útil para conectar a cidade coas vilas”. Presas reclamou para Galiza as competencias na rede de transporte, “nomeadamente os trens rexionais” e, respecto do AVE, sinalou que NÓS-Candidatura Galega espera a que se cumpran os prazos e todas as garantías en canto á seguridade.

Ensobrado no Paseo

Noa Presas participou tamén nun acto de ensobrado público das papeletas de NÓS-Candidatura Galega como resposta a solicitude do Tribunal de Contas ao BNG das facturas do ensobrado nas pasadas municipais. É a militancia e os simpatizantes os que fan voluntariamente este traballo.

Callón puxo en valor “o orgullo de facer unha campaña coas nosas propias mans, pegada a rúa e aos problemas da xente, cada papeleta que chega a cada casa galega foi dobrada e ensobrada por unha militante, unha simpatizante unha activista”, explicou, subliñando que NÓS “nin acude a créditos bancarios, nin a subvencións para o ensobrado e correo masivo”.

Hemeroteca