06:31 h. Martes, 21 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

En Marea presentou e debateu o seu programa electoral no acto “Falemos de Programa: #20Propostasparao20D”

Rubén Pérez, Oriana Méndez, Cintia Micaela e Xaquín Pastoriza, membros de Esquerda Unida, Anova e Podemos, os partidos que conforman a candidatura EN MAREA xunto coas “mareas municipalistas”, presentaron e debateron hoxe no CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, en Navia, o programa de EN MAREA para as próximas eleccións ao Parlamento.

Stadio Sport  |  11 de Diciembre de 2015 (00:34 h.)
Más acciones:

Perante un público participativo dunhas 100 persoas, os representantes de EN MAREA repartíronse a presentación do Programa, que asimesmo está organizado en 4 bloques: Estado social, Defensa do ben común, Rescatar a democracia e Dereito a decidir. Trala intervención de cada un deles, abríronse quendas de palabra para a participación activa do público asistente. As intervencións e o debate estiveron presentes en cada bloque do Programa, se ben houbo temas recorrentes: políticas para o fortalecemento do tecido industrial da nosa comarca que garantan a carga de traballo e eviten a deslocalización; medidas concretas de apoio a autónomos e pymes, como a súa traslación ao réxime Xeral da Seguridade Social para que poidan ter dereito ao paro como calquera outro traballador; medidas para a sustentabilidade enerxética, como un Plan de Aforro Enerxético para edificios e a chamada “fiscalidade verde” para as grandes empresas.
Outros temas moi presentes no debate entre representantes e asistentes foron a violencia de xénero e a participación cidadá nas decisións políticas, mediante a elaboracións de referendos vinculantes e a rendición de contas dos políticos de En Marea.
Desde En Marea defendimos a necesidade de mudar a maneira de facer política dentro e tamén fóra das institucións, por iso queremos que a presentación do Programa Electoral non debe ser un monólogo pechado que vai nunha sóa dirección, desde o partido aos electores, senón un diálogo aberto a múltiples voces onde todas temos algo que aportar.