00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Feijóo invita á prudencia ante os políticos que saben máis dos platós de televisión que dos concellos e aldeas galegas

Stadio Sport  |  13 de diciembre de 2015 (12:22 h.)
20151212_FeijóoMonforte_02

Na súa intervención no mitin celebrado en Sarria, onde estivo acompañado pola candidata número catro ao Congreso por Lugo, María Ana Fernández Castro, e polo cabeza de lista ao Senado por esa mesma provincia, José Manuel Barreiro; destacou que o Partido Popular é a única forza política que ten un proxecto de país para toda España en conxunto pero tamén para cada comunidade autónoma e para cada parroquia e aldea de Galicia. 

Segundo destacou, iso é así porque o PP non é un partido só das grandes capitais, senón que o seu grande capital é contar con militantes en cada parroquia, en cada aldea e en cada concello de España.

Neste senso, Feijóo aseverou que a política non está nos platós de televisión, senón en cada concello, onde está tamén un só partido, que o PP. Con respecto a isto, aconsellou sospeitar dos políticos que coñecen máis platós de televisión das capitais que concellos galegos e asegurou que nunca serán o presidente que precisa España ou Galicia.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, paseou e participou nun encontro con mozos na localidade lucense de Monforte. 12 de decembro de 2015

Como apuntou, por ese motivo os populares foron sempre o primeiro partido de Galicia de España, sinalou o presidente do PPdeG, porque saben que a política é estar coa xente.

OBXECTIVOS POR CUMPRIR

O líder dos populares galegos lembrou que quedan obxectivos por cumprir pero amosouse convencido de que non van arranxar os problemas do rural, do sector pesqueiro, nin os problemas de Galicia os que nunca pisaron unha aldea galega, os que só portan as pancartas que lle poñen na man sen saber que significan, nin os que demostran que Galicia lles dá exactamente igual.

Tampouco van arranxar España, como engadiu, os que queren máis problemas, como os nacionalistas; nin van arranxar a economía e o emprego os que están doutorados en déficit e paro; nin van arranxar nada os que nunca arranxaron nada.

Pola contra, se ben non o acadaron todo nin o fixeron todo, si poden arranxar máis os que saben que hai que arranxar; os que sempre estiveron a carón dos que precisan solucións; e os que xa arranxaron no pasado outros problemas e actuaron con responsabilidade e sensibilidade.

Feijóo en Monforte

O APOIO DE GALICIA

O presidente dos populares galegos fixo fincapé en que só hai un partido con presenza en toda Galicia e é o Partido Popular e só hai un candidato que coñece Galicia en primeira persoa e ese é Mariano Rajoy. Para presidir España hai que coñecer Galicia e hai que demostrar que Galicia importa. Por tanto, considera que non poden pretender o apoio de Galicia os que afundiron España, como o PSOE; ou os que cambian de nome a ver se pasan por galegos, como Podemos; os que carecen de propostas e non queren o AVE, como Ciudadanos;  ou os que pretenden rachar co que senten os galegos, como o BNG.

20151212_FeijóoSarria_01

Por iso, Feijóo pediu o apoio de Galicia para o candidato que ten propostas, que lle importa tanto calquera parroquia galega como Madrid ou Barcelona, que respecta o noso xeito de sentir e que xestione con seriedade, como fai Mariano Rajoy.

Hemeroteca