06:30 h. Martes, 21 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

NÓS, CANDIDATURA GALEGA

Estivemos con vós e seguiremos con vós, na rúa e no congreso”, di Noa Presas aos emigrantes retornad@s

A candidata de NÓS por Ourense comprometeuse a continuar o traballo do BNG na defensa dos emigrantes retornados ante medio centenar de afectados que encheron unha sala do Centro Ánxel Valente.

Stadio Sport  |  11 de Diciembre de 2015 (19:27 h.)
Más acciones:

“Estivemos con vós e seguiremos con vós, na defensa dunha reclamación xusta, porque non pode ser que a Facenda española acose ás xentes que levantaron este país”, dixo Noa Presa, a cabeza de lista de NÓS-Candidatura Galega por Ourense, ante medio cento de afectados que esta mañá encheron unha sala do Centro Marcos Valcárcel. “Seguiremos con vós na rúa e no Congreso”, insistiu Presas, que xunto a outros membros da candidatura e a ex deputada Olalla Fernández-Dávila, participara minutos antes na concentración de protesta que o colectivo fixo fronte a delegación de Facenda.

Presas, que acompañou á presidenta da asociación de emigrantes retornados de Ourense, Carme Bolaño, quen ademais figura nas listas ao Senado de NÓS, recordou que NÓS continuará o traballo feito polo nacionalismo galego no Congreso en defensa dos colectivos como o dos preferentistas ou o dos retornados. E advertiu en referencia a representantes de outras formacións políticas: “Serán galegos de nacemento, iso ninguén o nega, pero aquí din unha cousa e alá votan outra, as actas están aí: os dez minutos que se lle dedican a Galiza nos debates en Cortes son os dez minutos dos que dispuñan as deputadas do BNG”.

Carme Bolaño, de regreso dun viaxe ao Parlamento Europeo en Bruxelas, recordou que hai na provincia de Ourense máis de 50.000 emigrantes aos que Facenda lles esixe tributar por pensións que cobran do estranxeiro. Inda quedan afectados aos que o Estado non lles reintegrou os cartos cobrados nas multas que se impuxeron con carácter retroactivo desde 2008. As multas pararon, pero os afectados esixen a derrogación da lei 35/2006 que os obriga a tributar por ter dúas pensións. “Poñerannos moitos paus no camiño, pero os nosos netos non terán que coller a maleta coma tivemos que facer nós. Somos un país rico, pero mal gobernado”, advertiu Carme Bolaño, que recordou a varios compañeiros falecidos desde que empezaron a organizarse no ano 2012.

NÓS-Candidatura Galega denuncia a agresión racista contra unha rapaza negra que estaba bailando cunha amiga no Xardín do Posío. NÓS-Candidatura Galega quere unha Galiza de xente libre para todas. Ao parecer, a moza foi golpeada e mesmo tivo problemas para poñer a denuncia. Como recordou Noa Presas no mitin de onte no Principal, as feministas queremos mudar as políticas que se fan nos centros de decisión “para que cando nos asasinen, se chame asasinato; para acabar coa fenda salarial, para que cando acosedes sexualmente sexa delito”.