00:09 h. jueves, 28 de marzo de 2024

David Bruzos: “Atácannos por medo a que a verdade e a honestidade boten por terra os privilexios das elites políticas”

Stadio Sport  |  12 de diciembre de 2015 (13:55 h.)
etica-pol--tica-ourense-720x405

Para loitar contra o caciquismo e as políticas clientelares que o Partido Popular foi instalando nas institucións nas que goberna, En Marea propón un rigoroso código ético que esta mañá presentou nos Xardíns Padre Feixóo, en Ourense.

No acto interviron David Bruzos, cabeza de lista ó Congreso por Ourense, Sofía Díaz, candidatura número dous, Breogán Riobóo, líder de Podemos Galicia e Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común.

“En Marea responde á necesidade de que a cidadanía se organice para desaloxar das institucións aos que non teñen vontade de velar polas persoas”, dixo David Bruzos, número 1 pola provincia de Ourense. “Primeiro non nos tomaron en serio , despois comezaron a atacarnos por medo a que a verdade e a honestidade bote por terra os privilexios das elites politicas”, manifestou Bruzos.

Sofía Díaz dixo que “en Ourense queremos erradicar a violencia institucional que practica a Deputacion con politicas clientelares e caciquismo.”

Para o líder de Podemos Galicia, Breogán Riobóo, “o código ético había que presentalo en Ourense porque é un lugar onde non existes ningún tipo de ética política nas institucións controladas polo PP e a maior parte das decisións responden a prácticas caciquís”.

Hemeroteca