00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Carlos Callón, pediu a mobilización “de toda a cidadanía que sinta Galiza, e que os nosos problemas teñan voz propia no Congreso ”.

Stadio Sport  |  14 de diciembre de 2015 (14:59 h.)

“Hai partido e ímolo xogar ata o minuto de desconto con forza e con entusiasmo”, dixo en relación ás enquisas

“Esa voz só vira dunha opción como NÓS, -herdeira do traballo de 20 anos do BNG en Madrid- cos pés e o corazón na terra, non das forzas estatais, nin das do vello bipartidismo, nin das do novo bipartidismo a catro que nos impoñen desde os platós de televisión”.

Neste sentido, Callón pediu non deixarse condicionar polas enquisas. “Hai partido e ímolo xogar ata o minuto de desconto con forza e con entusiasmo porque Galiza ten que estar, igual que estarán Euskadi ou Catalunya, e as enquisas están para ser superadas como temos feito outras veces desde o nacionalismo galego”.

O cabeza de lista pola Coruña aposta pola mobilización, “hai que activarse, que non quede ningunha porta sen chamar, porque de nada serve laiarse o día despois. Sabemos que sen unha opción de país como NÓS-Candidatura Galega, Galiza vai estar ausente da axenda estatal, nunha lexislatura sen maiorías absolutas que será decisiva. Non deixemos que Galiza quede muda”, dixo.

Callón foi claro ao indicar que NÓS vai contribuír a pasar a páxina dos recortes, da recentralización de competencias, e da privatización de servizos públicos que representa a dereita. “O PP significa paro, precariedade e emigración”, dixo, por iso “hai que desafiuzar a Rajoy da Moncloa”.

“Basta de gobernos de dereita, nin a vella, nin a nova”, subliñou e, a partir de aí, “colocar Galiza na axenda, que se escoite aos nosos sectores produtivos, a mocidade expulsada ou parada, aos nosos pensionistas cos ingresos máis baixos do Estado, aos traballadores e traballadoras deste país que están a cola en salarios é a cabeza en horas laborais”.

“Temos problemas específicos que requiren solucións específicas e iso é algo que non vira das forzas estatais, nin das vellas, nin das novas”, sentenciou.

Sector básico Betanzos

En Betanzos, Callón fixo referencia ás medidas a favor do comercio local, sector económico decisivo para o concello, pola súa capacidade para crear emprego e polo efecto revitalizador dos barrios. Puxo como exemplo o modelo Pontevedra ou Allariz, ca súa aposta polo comercio de proximidade.

Entre as medidas concretas de NÓS-Candidatura Galega, reducir impostos ao pequeno comercio e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sciedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais.

Para os autónomos e autónomas, habituais no comercio local, propón suprimir a taxa fixa mínima de 300 euros mensuais de impostos para que pasen a tributar en función dos seus ingresos. “Non ten sentido nin é xusto que paguen 300 euros mensuais aínda cando haxa veces que non ingresen nin esa cantidade ao mes”, concluíu.

Hemeroteca