00:01 h. sábado, 20 de abril de 2024

Alexandra Fernández: “Defenderemos o dereitos a decidir, porque chegou o momento de decidiclo todo”

Stadio Sport  |  13 de diciembre de 2015 (11:40 h.)
MOA8401-720x480

En Marea ofreceu onte un mitin no Auditorio Municipal de Vilagarcía no que a encargada de abrir o acto, Verónica Hermida, do consello cidadá de Podemos Vilagarcía, asegurou que “somos moitas as que pensamos que o cambio ten que ser protagonizado polas mulleres, na candidatura de en Marea predicamos co exemplo”. “En Marea é a nosa maneira de loitar colectivamente” dixo.

O concelleiro de EU-Son, Jesús Rodríguez, afirmou que unicamente a clase traballadora é a que está a sufrir recortes de dereitos polo que “temos que saír a recuperar o espazo que nunca debemos perder”. “E imposible cambiar o modelo produtivo do noso país se antes non cambiamos o político” asegurou.

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Manuel Fajardo, sinalou que “pode ser que non teñamos exeriencia, pero temos memoria e recordámonos de todos e cada un dos casos de corrupción do PP e do PSOE”. “Isto non é unha crise: é un proceso de apropiación duns poucos a costa da desposesión dos máis” remarcou o deputado de AGE.

A deputada de Podemos na Asemblea de Madrid, Clara Serra, salientou pola súa banda o feito de que “cando as mulleres facemos política aparecen problemas que antes eran invisibles como a conciliación, a familia ou os coidados”. “Ao PP éncheselles a boca falando da familia cando foron eles os que máis brutalmente as agrediron a base de recortes, obrigando as mulleres a rescatar as familias mentres eles rescataban bancos” denunciou.

A número 2 ao Congreso por Pontevedra, Ángela Rodríguez, defendeu a necesidade de rachar o pacto que unha elite financeira fixo contra o 99 por cento da maioría social. “É o momento de facermos un pacto novo entre as de abaixo” afirmou. “Contra a súa precariedade nós queremos lexislar dignidade, contra a súa tristeza nós imos lexislar alegría” concluíu.

A encargada de pechar o acto, a cabeza delista por Pontevedra, Alexandra Fernández, defendeu que “é necesaria unha vertebración do territorio pensada desde as necesidades do día a día da xente do común”.

Alexandra Fernández tivo un recoñecemento especial para os traballadores do Diario de Arousa aos que quixo transmitir todo o apoio de En Marea na súa loita polos seus postos de traballo.

“Nós, galegos e galegas, igual có resto de nacións do estado, temos dereito a sermos o que queiramos ser. Por iso defenderemos o dereito a decidir, porque chegou o momento de decidilo todo” dixo Alexandra Fernández.

Hemeroteca