12:48 h. Domingo, 18 de Noviembre de 2018

Stadio Sport

O Ponteceso FSF endosoulle unha maniña ao Espartanas FSF

A pesar das baixas coas que chegaba o conxunto local, venceron sen maiores problemas ao equipo coruñés

Stadio Sport  |  17 de Marzo de 2015 (16:04 h.)
Más acciones:

Pese a chegar a este encontro con algunhas baixas, soubo sobrepoñerse a elas o conxunto pontecesán e lograr a vitoria na casa contra o Espartanas FS.

Comezaban o partido presionando arriba, evitando o xogo das contrarias e levando o ritmo do encontro. Ían chegando as ocasións pouco a pouco. Sandra e Noa intentábano, pero os disparos non conseguían ir entre os tres paus. Seguía co dominio o Ponteceso, chegando facilmente á portería herculina e rematando as xogadas dentro da área. Nunha destas ocasións chegaría o primeiro gol do partido, tras unha man da defensa dentro da área que o árbitro sinala como penalti. Ana encargaríase de lanzalo, tiro que foi despexado pola porteira, pero a mesma Ana collería o rechace para poñer o 1 a 0 no marcador. Tra-lo tanto seguiron co bo xogo as pondalianas e, pouco despois de abrir a lata, Sandra facía o segundo tras unha boa xogada individual. Chegarían despois os minutos fatídicos para as Espartanas, pois conseguían as pontecesanas tres tantos consecutivos en menos de cinco minutos. O primeiro sería de Laura en propia meta tras un pase ó segundo pau de Cintia. No minuto seguinte, Ana poñía o cuarto no luminoso cun disparo desde a frontal da área. Carla sería a que facía o quinto, rematando o balón no primeiro pau tras unha boa triangulación do equipo. Quedaban ainda catro minutos para que o colexiado sinalase o final da primeia metade, minutos nos que ningún dos equipos xerou perigo de cara á portería rival. Chegaría o descanso co 5-0.

De volta dos vestiarios saían con menos tensión as xogadoras de Barca e Curro. Seguía co dominio do partido o Ponteceso, pero sen crear tanto perigo nin co bo xogo da primeira parte. Dispoñerían de varias ocasións para ampliar a vantaxe, pero fallaban á hora de materializalas. Tamén o intentaba o equipo coruñés, que pese a non dispoñer de moitas ocasións, a piques estiveron de recortar distancias cun disparo de Marta que foi directo ó longueiro. Pasaban os minutos e intentábano as pontecesanas, pero chegaría o final do encontro co mesmo marcador co 5 a 0 logrado no primeiro período. Tres puntiños máis para o conxunto da vila de Pondal, que se afianza na segunda posición con tres puntos máis e un partido menos que o seu máximo rival na loita polo ascenso, o 5 Coruña, que nesta xornada caía derrotado en fronte ó Grupo Work FSF.

Precisamente contra o máximo rival lle tocará xogar ó Concello de Ponteceso na vindeira xornada, que se dispurtará o 28 de Marzo, e que será un partido vital para seguir loitando polo seu obxectivo.

 

Ficha Técnica:

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carla, Noa e Sandra - tamén xogaron – Martina, Cintia e Isabel.

ESPARTANAS FS: Lara, Ana, Nuria, Laura e Rebeca- tamén xogaron - Marta

Árbitros: Jorge Fernández Lojo (árbitro) e Francisco Sal de Rellán Guerra (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.

Amoestaron a Ana por parte visitante

Goles: 1-0.- Ana (min.6); 2-0.- Sandra (min.10);  3-0.- Laura (p.p. min.13);  4-0.- Ana (min.14); 5-0.- Carla (min.16)