00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A Xunta asina en Pontevedra 20 convenios do Plan de patrocino dos equipos galegos de alta competición

Stadio Sport  |  27 de mayo de 2015 (01:00 h.)

A Fundación Deporte Galego destina 2.420.000 euros na presente tempada ao plan, un 26% máis que na pasada edición, chegando este ano a un total de 111 equipos de Galicia. Na presente edición, o plan ten como patrocinador oficial a ABANCA, grazas á súa achega de 726.000 euros

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo director de Negocio Institucional en Galicia de ABANCA, Lino Comesaña Calvo, formalizou este martes 20 convenios de patrocinio do Plan de patrocino dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2015 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Pontevedra e a súa área de influencia.

 

260515 lete 2

 

En total, a sinatura desta tarde supón un investimento de 412.992,73 euros que irán destinados aos seguintes equipos galegos:

EQUIPO

ESPECIALIDADE

IMPORTE PATROCINIO

Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Atletismo

17.954,09

Clube Bádminton As Neves

Bádminton

13.252,17

Club Xuventude Baloncesto

Baloncesto

39.252,02

Club Baloncesto Peixefresco Marín

Baloncesto

38.921,19

Agrupación Deportiva Cortegada

Baloncesto

35.805,19

Club Baloncesto Arxil

Baloncesto

32.369,52

Sociedad Deportiva Teucro Pontevedra

Balonmán

39.619,65

Club Balonmán Atlético Guardés

Balonmán

35.277,37

Grupo Deportivo Supermercados Froiz

Ciclismo

16.922,76

Club Bértola Femenino

Fútbol

12.155,21

Poio Fútbol Sala

Fútbol Sala

30.397,87

Leis 26 F.S.

Fútbol Sala

14.241,64

Club de Kayak Polo Combarro

Piragüismo

6.000,17

Club Kayak Tudense

Piragüismo

23.892,85

Club Marítimo, Deportivo e Cultural Breogán de O Grove

Piragüismo

10.611,32

Club As Torres

Piragüismo

8.910,67

Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra

Piragüismo

10.282,92

Club Cambados Tenis de Mesa

Tenis de Mesa

9.824,12

Tenis de Mesa Monte Porreiro (masculino)

Tenis de Mesa

9.551,59

Tenis de Mesa Monte Porreiro (feminino)

Tenis de Mesa

7.750,41

 

O Plan de patrocinio dos equipos de alta competición

Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, un 26% máis que no pasado ano, tendo por destinatarios a un total 111 equipos galegos. Neste orzamento, ABANCA, patrocinadora oficial do Plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.

Dende os seus inicios na tempada 2009/2010, o Plan ten investido máis de 10.000.000 de euros nos equipos de alta competición de Galicia, mostrando a súa efectividade tanto no xenérico número de equipos apoiados (111 na presente edición fronte aos 89 do ano 2009), como especialmente no tocante ao deporte feminino: 28 equipos na tempada 2009/2010, 46 equipos na vixente tempada.

Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos.

Como vén sendo a tónica habitual deste programa, a presente edición patrocina equipos de distintas especialidades deportivas, o que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición en Galicia: Atletismo (5), bádminton (2), baloncesto (11) e baloncesto en cadeira de rodas (2), balonmán (7), béisbol (3), bolos (1), ciclismo (6), esgrima (3), fútbol (14) e fútbol sala (11), halterofilia (2), hóckey herba (1), hóckey liña (2), hóckey a patíns (3), kaiak polo (3), piragüismo (5), remo (3), rugby (3), tenis de mesa (12), tríatlon (5) e voleibol (7).

Este plan de patrocinio supón un moi destacado pulo para a presenza do Deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca ‘Deporte galego’ nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación neste ano de Abanca como patrocinadora oficial, o plan logra potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose á base dos equipos patrocinados.

Hemeroteca