18:03 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

O Servizo de Deportes desenvolverá en xullo unha ruta de sendeirismo polo Pirineo Navarro

Nesta ocasión, a ruta proposta achegarase á vertente máis oriental dos Pirineos

Stadio Sport  |  11 de Junio de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

O Servizo de Deportes da USC organizará a finais do vindeiro mes de xullo unha actividade de sendeirismo no Pirineo Navarro que retoma unha ruta anterior pero achegándose nesta ocasión á vertente máis oriental desta cadea montañosa, pola zona do Val de Roncal e preto de Aragón.

Entre os días 25 e 30 de xullo, o programa desta actividade fórmano diferentes actividades de sendeirismo de variada dificultade que permitirán visitar as zonas máis emblemáticas, como a Foz de Lumbier, Belagua ou Ezcaurre. Todas estas paraxes comparten a variedade das súas paisaxes así como unha abundante riqueza natural e cultural. En paralelo, está prevista a visita a vilas da zona, así como a algunha queixería e incluso á cidade de Pamplona. O aloxamento realizarase na localidade de Isaba en réxime de media pensión.

As persoas interesadas poden atopar máis información sobre os detalles desta ruta na web do Servizo de Deportes da USC.