01:39 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Satisfacción e maxia, na noite do Deporte Feminino Galego que se celebrou onte no Porriño

A III Gala do Deporte Feminino Galego, celebrada onte no Concello do Porriño, amosou una vez máis o moito que teñen que dicir as nosas deportistas, entidades, adestradoras, xuízas.... Houbo moita emoción, satisfacción, maxia e sobre todo orgullo por saber que o Deporte Feminino Galego está a facer as cousas ben e que vai polo bo camiño

Stadio Sport  |  30 de Junio de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A gala, organizada por Mudega e patrocinada polo Concello do Porriño, permitiu facer un repaso polos bos momentos do deporte feminino galego no ano 2013, compartir tristezas e alegrías e tamén reclamar máis atención a todos: a sociedade, medios de comunicación e administración, "porque somos  a metade da poboación".

 

 

Nesta festa estiveron case todos os premiados. So faltaron Aroa Freije (mellor deportista promesa), que se atopaba competindo en Francia (onde precisamente logrou o triunfo á vez que se celebraba a gala) e Bea Gómez (mellor deportista), que se encontraba nun campionato en Cataluña.

 

 

Pilar Neira, presidenta de Mudegá, indicou que “son moitos os retos que aínda temos que superar, moitas as barreiras que temos que derrubar, pero como reza o noso lema: XUNTAS FACEMOS EQUIPO, e a boa fe, que unidas conseguiremos aos poucos, eliminar as barreiras aínda existentes”.

 

 

Os momentos máis emocionantes da gala chegaron coa mención especial para Matilde Alonso (que levou unha grande ovación) e o premio a traxectoria para Gerardo Méndez, recollido pola súa muller Olga e a súa filla Sara, mentres que o máis reivindicativo estivo no discurso da ex presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos.

 

 

Unha gala que foi amenizada por tres parellas da Escola Pasos, que deleitaron ao público bailando diversos temas. Así, con emoción, orgullo e desexos de seguir crecendo e mellorando rematou a III Gala do Deporte Feminino Galego. E xa pensando na cuarta edición.

 

 

Mellor deportista

Beatriz Gómez

Mellordeportista con discapacidade

Vicky Alonso

Mellor traxectoria

Gerardo Méndez

Medios de comunicación/xornalista

Silvia Carregal/Ellas también juegan

Mellor adestrador/a

Abel Estévez

Mellor árbitra/xuiza

Mónica Flores

Iniciativa a prol do deporte feminino

Club de Loita Olímpica San Ignacio

Entidade privada amiga

Godoy Maceira S.L.

Entidade pública máis comprometida

Concellería de Deportes da Coruña

Directiva máis comprometida

Mercé Barrientos

Mellor equipo

Burela F.S. Pescados Rubén

Premio a mellor promesa

Aroa Freije

Mención especial

Matilde Alonso Filgueira