00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Moita emoción, solidaridade e bo humor, no Desafío Solidario en homenaxe a Sofía

Stadio Sport  |  22 de junio de 2014 (03:00 h.)
CIMG4831

O Pavillón do Porriño encheuse para celebrar unha xornada de amistade, solidariedade, emoción e tamén bo humor en memoria de Sofía, a filla de Óscar Perales e Andrea Arias, falecida por leucemia hai uns meses

 

O Porriño respondeu como se esperaba para celebrar unha xornada de amistade, solidariedade, emoción e tamén bo humor en memoria de Sofía, a filla de Óscar Perales e Andrea Arias, falecida por leucemia hai uns meses.

No palco, o alcalde do Porriño, Nelson Santos; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro. E nas gradas, moita xente anónima que quería compartir esta xornada cos seus país e aportar o seu grao de area nesta cita solidaria a favor do Hospital Niño Jesús de Madrid e a Fundación Aladina.

Hemeroteca