18:02 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Louzán e Begoña Estévez felicitan a Álvaro Fernández Fiúza polos seus éxitos deportivos

O presidente da Deputación e a responsable de Deportes recibiron ó piragüista pontevedrés, actualmente radicado en Asturias

Stadio Sport  |  30 de Octubre de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada responsable de Deportes, Begoña Estévez, recibiron no Pazo provincial o deportista pontevedrés Álvaro Fernández Fiúza, a quen felicitaron polos éxitos que está acadando en distintas modalidades de remo nos últimos anos.

O éxito máis recente foi a consecución da prata no Campionato do Mundo de Maratón, disputado en Oklahoma en setembro, despois de que acadase o título de campión K2 no Descenso Internacional do Sella, en Asturias, a mesma comunidade na que tamén se fixo este ano co título de subcampión, na mesma categoría, na Regata Internacional de Villaviciosa.

Asturias é, precisamente, a comunidade na que actualmente vive  Fernández Fiúza, nun club de piragüismo de Oviedo.

Estévez e Louzán valoraron o palmarés deste pontevedrés, no que destacan 3 ouros no Campionato do Mundo (2009, 2010 e 2011) e os cinco títulos consecutivos de campión do Descenso Internacional do Sella, que dan fe da "boa saúde" do deporte na provincia, con profesionais moi laureados en diversas disciplinas, entre as que o piragüismo é unha das máis destacadas.