01:37 h. Sábado, 25 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Julio Pereira campión galego de caza menor

O pasado 8 de novembro Julio Pereira gañou a XXVIII edición do Campionato Galego de caza celebrado en San Sadurniño

Stadio Sport  |  11 de Noviembre de 2014 (12:23 h.)
Más acciones:

 

O pasado 8 de novembro celebrouse un dos campionatos de maior arraigo da Federación Galega de Caza. No concello coruñés de San Sadurniño tiña lugar a xa XXVIII edición do Campionato Galego de Caza Menor con Can organizado pola FGC en colaboración coa Sociedade de Cazadores do Tecor de Narahío.

Ao igual que aconteceu na anterior edición, a meteoroloxía non quixo sumarse a esta destacada cita na que, sen dúbida, a choiva marcou o desenrolo da mesma. Choiva, chuvia e máis chuvia durante todo o transcurso da competición fixo que, os diferentes participantes clasificados nas súas respectivas fases provinciais máis o campión da edición anterior, se encontrasen con moitas dificultades á hora de atopar caza. Apesares de isto a caza apareceu pero os cazadores tiveron moitos problemas para conseguir abatela, sendo escasas as capturas.

Foi o cazador Julio Pereira Martínez o que acadou abater unha perdiz e proclamarse Campión Galego de Caza Menor con Can con 550 puntos. Para coñecer o segundo e terceiro posto fíxose preciso a realización dun sorteo no que Belisario Bertoa Suárez e Manuel Taboada Vigo acadaban o segundo e terceiro posto da clasificación xeral.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes, puxo o punto e final a esta XXVIII edición do Campionato Autonómico de Caza Menor con Can.