00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

O Grupo Popular solicita o recoñecemento e cualificación legal para os traballadores de entidades deportivas sen ánimo de lucro

Stadio Sport  |  08 de diciembre de 2014 (20:24 h.)
berta pp

En concreto, avoga por solucións como un réxime especial da Seguridade Social, como existen noutros colectivos

O Grupo Popular vén de presentar unha proposición non de lei a través da que solicita o estudo de vías de recoñecemento e cualificación legal que contemplen, no ámbito da laboralidade e da Seguridade Social, as especiais estruturas e funcións do deporte non profesional, especialmente no caso de figuras como adestradores, técnicos, monitores ou deportistas.

A portavoz de Deporte, Berta Pérez Hernández, considera “necesario estudar, respecto das entidades deportivas sen ánimo de lucro, o estudo de posibles alternativas que, cumprindo a legalidade vixente e respectando os dereitos dos traballadores, poidan contemplar a especial natureza e as peculiares condicións de tempo e lugar das persoas que prestan servizos nestas entidades”. 

 

PREDOMINANCIA DA ACCIÓN VOLUNTARIA

A modo de exemplo, Berta Pérez apunta entre outras posibles solucións a procedencia dun réxime especial da Seguridade Social como existen noutros colectivos.

“Resulta predominante a porcentaxe de actuacións marxinais e en ningún caso constitutivas de medios fundamentais de vida desenvolvidas por adestradores, monitores, técnicos, deportistas e outras figuras, o que inclina a balanza cara a existencia dunha importante acción voluntaria que deberían contar co recoñecemento e cualificación legal necesario”, explica a portavoz popular.

Hemeroteca