10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A Deputación de Pontevedra concede 23.500 € a cinco clubes

Stadio Sport  |  03 de junio de 2015 (02:53 h.)

Pontevedra Rugbi Club, Club Tenis De Mesa Monteporreiro, Club Piragüismo Verducido-Pontillón, Peña Ciclista Motobike e Club Ciclista Marín

 

As deputadas Ana I. Vázquez e Begoña Estévez recibiron este martes aos responsables do Pontevedra Rugbi Club, Club Tenis de Mesa Monteporreiro, Club Piragüismo Verducido-Pontillón, Peña Ciclista Motobike e do Club Ciclista Marín para facerlle entrega da acta presidencial pola que se lle concede a cada unha das entidades, unha axuda económica cuxo importe total ascende a 23.500 euros.

 

Participación en Ligas e Competicións Oficiais

Así o Pontevedra Rugby Club recibirá 5.000 € para contribuír á súa participación en Ligas e Competicións Oficiais. Tamén neste apartado, a Deputación financiará con 10.000 € ao Club Piragüismo Verducido-Pontillón que se atopa metido de cheo na temporada e segundo puxo de manifesto Luis Rivas, “esta axuda é imprescindible para sufragar os desprazamentos, os gastos das viaxes e mesmo poder pagarlle ao adestrador”.

 

Clubs Tenis Monteporreiro Club Piragüismo Verducido

 

Promoción do deporte na provincia

Asimesmo  as deputadas tamén entregaron outras tres resolucións presidencias polas que se lles concede un total  de  8.500 euros ás outras entidades para contribuír ao desenvolvemento da práctica deportiva na provincia.

Así a Deputación de Pontevedra patrocinou  o I Trofeo Ría de Marín de Femias da  Copa de España de ciclismo  cunha axuda de 2.500€ e que esta mañá Begoña Estévez lle entregou a un dos responsables do Club Ciclista Marín, organizador da proba.

 O ente provincial tamén contribuiu con 2.000 euros á celebración o pasado 17 de maio do I Triatlón Atlántico Baiona. Proba organizada pola Peña Ciclista Motobike e que reuniu a máis de 400 atletas na localidade pontevedresa e cuxo éxito quixeron agradecer publicamente os responsables da entidade “porque todo saiu á perfección”.   

Asimesmo, Ana I. Vázquez tamén lle fixo entrega ao responsable do Club Tenis de Mesa Monteporreiro, Emilio Álvarez, doutra axuda por importe de 4.000 € para a celebración do XVII Torneo Internacional de verán de tenis de mesa que reunirá neste barrio pontevedrés  a máis de 300 xogadores. O torneo celebrarase os días 12 e 13 de setembro. 

Hemeroteca