08:02 h. Domingo, 18 de agosto de 2019

O Concello de Lugo presenta o programa Xadrez para tod@s con actividades de xadrez para nenos e nenas e familias

O primeiro torneo será o de Semana Santa que se celebrará o domingo 27 previa inscrición en Xaquedrum

Stadio Sport  |  09 de abril de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron o programa Xadrez para tod@s que recolle as actividades que se realizarán ao longo dos próximos meses de fomento do xadrez.

Esther Muñóz explicou que “no Concello estamos moi contentos con estas actividades porque axuda da fomentar o xadrez entre nenos e nenas de 8 e 16 anos como unha alternativa de ocio saudable e deporte de estratexia”. Esta actividade ten a colaboración de El Progreso, Telelugo, Fornos Fernando Valín, confecciones Yute e  Sogama.

Pola súa parte, Pablo Castro, sinalou que todas as actividades son gratuitas e que a primeira que o primeiro campionato será o de Semana Santa que se celebra o domingo 27 de abril e que require inscrición previa ata o día 24.

Asi, Xadrez para tod@s  recolle unha serie de actividades que se van desenvolvendo ao longo dos meses de primaveira e verán e que teñen o seguinte calendario:

 

 

Xaque nas aulas

Que se celebra nos Colexio de Paradai os dias 22, 29 de abril e 6 de maio, no colexio de Albeiro os días 24, 28 de abril e 5 de maio, e no Quiroga Ballesteros os días 17, 18 e 19 de xuño. Este programa lévase a cabo en horario lectivo e vai dirixido a alumnos de 3º e 4º de Primaria.

 

Circuito Scacorum

Este circuito está formado por tres torneos diferentes, o primeiro é o de Semana Santa o  27 de abril, o 24 de maio é o torneo de Promoción  e finalmente o 8 de xuño é o torneo Festa Final.

 

Xadrez na Rúa e baúl viaxeiro

Entre os días 2 e 13 de xuño de luns a venres de 17 a 20 horas, co fin de dar alternativas aos nenos e nenas vaise levar unha serie de campañas de promoción do xadrez na Praza Maior.