13:09 h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Stadio Sport

Asínanse en Vigo os 22 primeiros convenios de colaboración do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia que compiten en ligas regulares

A Fundación Deporte Galego patrocina con 1.742.400 euros os equipos de alta competición de Galicia que participan en ligas regulares

Stadio Sport  |  09 de Abril de 2014 (00:00 h.)
Más acciones:

 

Un total de 78 equipos beneficiaranse deste Plan de patrocinio dos equipos de alta competición na tempada 2013/2014

Do orzamento total, 505.254,26 euros destínanse a 22 equipos de alta competición da zona Vigo.

Un total de 78 clubs beneficiaranse do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2013/2014 da Fundación Deporte Galego, ao que se destinan un total de 1.742.400 euros.

Os 78 patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que, a competición de máximo nivel, se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.

Na zona de Vigo, a Fundación destina un total de 505.254,26 euros para 22 equipos de alta competición.

 

Lete Lasa asina en Pontevedra 14 convenios de colaboración do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia que compiten en ligas regulares

 

Un total de 78 clubs beneficiaranse do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2013/2014 da Fundación Deporte Galego, ao que se destinan un total de 1.742.400 euros.

Os 78 patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que, a competición de máximo nivel, se desenvolve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.

Na zona de Pontevedra, a Fundación destina un total de 258.539,66 euros para 14 equipos de alta competición.