00:01 h. miércoles, 24 de abril de 2024

Asínanse en Ferrol e na Coruña 29 convenios do Plan de patrocino dos equipos galegos de alta competición

Stadio Sport  |  27 de mayo de 2015 (21:47 h.)

A Fundación Deporte Galego destina 2.420.000 euros na presente tempada ao plan, un 26% máis que na pasada edición, chegando este ano a un total de 111 equipos de Galicia

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Belén do Campo Piñeiro e polo Director Territorial de Abanca na Coruña, Gerardo Fuertes Ayerdi, formalizou este mércores os convenios de patrocinio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2015 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Ferrol e A Coruña, así como das súas zonas de influencia.

En total, a sinatura desta mañá supón un investimento de 602.060,57 euros que irán destinados aos seguintes equipos galegos:

 

 

EQUIPO

 

ESPECIALIDADE

IMPORTE PATROCINIO

Club de Atletismo Ría Ferrol

Atletismo

20.015,65

Club Atletismo Narón

Atletismo

9.010,28

Club Universitario de Ferrol

Baloncesto

41.340,82

Racing Club de Ferrol, S. A. D.

Fútbol

50.540,25

Unión Deportiva Somozas

Fútbol

36.465,64

O Parrulo Fútbol Sala

Fútbol Sala

34.520,63

Club Valdetires

Fútbol Sala

11.520,45

Club Basketmi Ferrol

M.F (BLC Silla)

14.053,94

Club de Piragüismo Grupo Juvenil de Puentes

Piragüismo

5.726,46

Club Tenis de Mesa Cidade de Narón

Tenis de Mesa

6.709,20

Club Triatlón Ferrol

Tríatlon

7.470,88

Club Deportivo Aldebarán

Voleibol

14.997,41

Club Básquet Coruña

Baloncesto

50.303,71

Club Béisbol Cambre

Béisbol

8.389,86

Club Ciclista Cambre

Ciclismo

16.682,79

Zalaeta 100Tolos (masculino)

Esgrima

4.874,76

Zalaeta 100Tolos (feminino)

Esgrima

4.874,76

Victoria C.F.

Fútbol

26.789,90

Orzán Sociedad Deportiva

Fútbol

21.003,14

Fisober FSF

Fútbol Sala

12.967,34

Club Halterofilia Coruña

Halterofilia

9.777,88

Hóckey Club Liceo de A Coruña

Hóckey patíns

59.803,87

Clube Patín Cerceda

Hóckey patíns

32.707,06

Club Asoc. Antiguos Alumnos Colegio Santo Domingo

Hóckey patíns

11.817,57

Club Ría de Betanzos

Piragüismo

9.900,56

Club de Arquitectura Técnica (feminino)

Rugby

28.962,92

Club de Arquitectura Técnica (masculino)

Rugby

18.876,33

Club del Mar de San Amaro

Tenis de Mesa

9.153,65

Club Instituto Zalaeta

Voleibol

22.802,86

 

O plan de patrocinio dos equipos de alta competición

Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, un 26% máis que no pasado ano, tendo por destinatarios a un total 111 equipos galegos. Neste orzamento, Abanca, patrocinadora oficial do plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa fundación.

 

 

Dende os seus inicios na tempada 2009/2010, o Plan ten investido máis de 10.000.000 de euros nos equipos de alta competición de Galicia, mostrando a súa efectividade tanto no xenérico número de equipos apoiados (111 na presente edición fronte aos 89 do ano 2009), como especialmente no tocante ao deporte feminino: 28 equipos na tempada 2009/2010, 46 equipos na vixente tempada.

Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos.

Como vén sendo a tónica habitual deste programa, a presente edición patrocina equipos de distintas especialidades deportivas, o que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición en Galicia: Atletismo (5), bádminton (2), baloncesto (11) e baloncesto en cadeira de rodas (2), balonmán (7), béisbol (3), bolos (1), ciclismo (6), esgrima (3), fútbol (14) e fútbol sala (11), halterofilia (2), hóckey herba (1), hóckey liña (2), hóckey a patíns (3), kaiak polo (3), piragüismo (5), remo (3), rugby (3), tenis de mesa (12), tríatlon (5) e voleibol (7).

Este plan de patrocinio supón un moi destacado pulo para a presenza do deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca DEPORTE GALEGO nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación neste ano de ABANCA como patrocinadora oficial, o plan logra potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose a base dos equipos patrocinados.

Hemeroteca